Languages

Inicio
Cultura Xunta

Dende o ano 1999, o MDPS vén desenvolvendo un Programa de Formación en Museoloxía e Patrimonio, dirixido a todos aqueles estudantes que, a través das súas respectivas universidades, queiran beneficiarse dun período de aprendizaxe nestes campos coa fin de obter unha formación práctica e un coñecemento específico, próximo ao mundo laboral e relacionado cos seus estudos.

Os traballos que primordialmente se levan a cabo son:

  • Documentación de Fondos Museográficos, tanto artísticos como arqueolóxicos, e Documentais.
  • Colaboración nos traballos das áreas de Difusión e Conservación.
  • Colaboración na Catalogación do Fondo Bibliográfico.
  • Colaboración na xestión da Área de Administración.

 

Este Programa de Formación está aberto a diferentes modelos de participación:

Prácticas externas

  • Graos en Historia, Xeografía e Ordenación do territorio, e Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
    Contacto: Facultade de Xeografía e Historia.
     
  • Máster en Patrimonio Arqueolóxico (USC).
    Contacto: Facultade de Xeografía e Historia.
     
  • Máster en Xestión de Patrimonio Artístico, Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte (USC).
    Contacto: Facultade de Xeografía e Historia.
     
  • Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (USC).
    Contacto: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

 

Voluntariado Cultural

Todos aqueles estudantes que xa teñen rematados os seus graos, aínda que non estean matriculados en ningún Máster, poden participar neste programa de formación sempre que os seus estudos estean relacionados con algunhas das funcións ou contidos do museo. É condición imprescindible estar inscrito no Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) da USC.

 

Estudantes estranxeiros

Os estudantes estranxeiros especializados nos campos de Historia, Historia da Arte, Arqueoloxía ou outras materias relacionadas coas Ciencias Sociais, e matriculados na USC a través dos programas Erasmus e outros, poden participar neste programa de Formación a través do SEPIU.

Contacto no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
documentacion.mdperegrinacions@xunta.es

Contacto na USC - SEPIU.
https://www.usc.es/es/servizos/sepiu/