Languages

Inicio
Cultura Xunta

O MDPS permite a obtención de imaxes dos fondos do museo, ben por medios fotográficos ou audiovisuais, sempre que teñan fins de estudio, investigación ou difusión nos medios de comunicación. Poden poñerse en contacto coa área de documentación, a través de correo postal ou electrónico, indicando no asunto “solicitude de reprodución”.

documentacion.mdperegrinacions@xunta.es

CONDICIÓNS BÁSICAS:

  • Realizar a petición formal ao museo cubrindo a solicitude de reprodución de fotografías ou a solicitude de reproducións audiovisuais que facilita o propio centro.
  • En todo caso, as imaxes poden ser ofrecidas polo museo a partir do seu arquivo fotográfico ou ben encargadas a un fotógrafo externo ao centro.
  • Entregar ao museo unha copia de cada unha das imaxes obtidas.
  • No caso de publicación é obrigado citar a procedencia da imaxe: Museo das Peregrinacións e de Santiago.
  • Entregar ao museo dous exemplares da publicación na que aparece a reprodución.
  • Non destinar as imaxes a outro fin que non sexa o convido en cada autorización. 

Mostra de unhas Reproduccións gráficas dunha obra do museo