Languages

Inicio
Cultura Xunta

SALA III. SANTIAGO: CATEDRAL E CIDADE

O SEPULCRO DO APÓSTOLO COMO XERADOR DA URBE COMPOSTELÁ

Os elementos arquitectónicos expostos nesta sala, as reconstrucións e maquetas das sucesivas basílicas dedicadas a Santiago, así como ilustrativos planos e debuxos de distintas épocas, deixan patente a estreita vinculación existente entre o desenvolvemento do culto ás reliquias do Apóstolo e a progresiva configuración urbanística do ámbito no que se circunscribía.

Este espazo urbano irá evolucionando desde o primixenio Locus Sancti Iacobi (ca. 830-880) conformado a partir da iniciativa conxunta do bispo de Iria Teodomiro e o rei asturiano Afonso II; a Villa Sancti Iacobi (900-1040) unha vez que se converte en centro eclesiástico e se ve necesaria a súa expansión fóra do orixinario recinto amurallado; ata constituírse, finalmente, a Civitas Sancti Iacobi (ca. 1150) como consecuencia directa da afluencia masiva de peregrinos a Compostela, materializada na construción da gran basílica románica e no desenvolvemento dunha organización cívica de Santiago.

Contextualizando este dilatado proceso pódense encontrar, polo tanto, pezas arqueolóxicas (moedas de Fernando II, fragmentos de sarcófago, capiteis, canzorros, etc.), así como varias recreacións das distintas fases construtivas da catedral.

Descarga dos programas de la sala III:

GALEGO

ESPAÑOL

ENGLISH

ITALIANO

FRANÇAIS

DEUTSCH