Languages

Inicio
Cultura Xunta

SALA VI. GREMIOS E TRADICIÓNS ARTESÁNS EN SANTIAGO

O auxe da peregrinación a Compostela motivou o desenvolvemento de oficios como o de albergueiro, taberneiro, cambiador, zapateiro, concheiro, etc., dedicados a satisfacer as necesidades dos peregrinos e das institucións vinculadas coa súa atención. Entre estes artesáns, mención especial merecen os azabacheiros e os prateiros, que contaron cunha gran fama e con numerosos talleres repartidos por toda a cidade. Nesta sala danse a coñecer os obxectos por eles realizados, moitos deles eran levados de regreso á casa polos peregrinos, que os compraban como recordo do seu paso pola cidade.

Así mesmo, a difusión e promoción da peregrinación por parte do cabido compostelán fixo que aumentase a produción de documentos directamente relacionados con ela como indulxencias, "compostelas", imaxes devocionais, etc. Este feito supuxo, en consecuencia, o desenvolvemento do traballo dos gravadores composteláns tal e como o exemplifica o prego do Xubileu con copia en castelán da Bula outorgada polo Papa Alejandro III do ano 1717, un documento presente tamén neste espazo expositivo.

Descarga dos programas de la sala VI:

GALEGO

ESPAÑOL

ENGLISH

ITALIANO

FRANÇAIS

DEUTSCH