DIRECCIÓN |
SEDE EXPOSITIVA Praza das Praterías, 2. SEDE ADMINISTRATIVA Rúa san Miguel, 4. (Casa gótica). |
HORARIO |
De martes a venres: 09.30 - 20.30 h PECHADO Todos os luns do ano.
|
TEÑA EN CONTA QUE O acceso ao museo é posible ata 20 minutos antes do peche. |
TARIFAS |
2,40 € XERAL 1,20 € REDUCIDA - Grupos que superen as 15 persoas e pidan cita con 15 de antelación. GRATUÍTA - Menores de 18 anos. DÍAS DE ENTRADA GRATUÍTA 18 de maio, Día Internacional dos Museos. |
ACCESOS E LOCALIZACIÓN |
SEDE EXPOSITIVA DAS PRATERÍAS Liñas de autobuses urbanos Aparcadoiros SEDE ADMINISTRATIVA DA CASA GÓTICA Liñas de autobuses urbanos Aparcadoiros
|
VISITAS EN GRUPO
* por teléfono: +34 881 867 401
* por correo electrónico: difusion.mdperegrinacions@xunta.es
* encher formulario
Se o grupo supera as 25 persoas terá que facer a visita en varias quendas, con intervalos de tempo entre elas para entrar. O persoal do museo será o encargado de organizar a entrada segundo as posibilidades de espazo. (aprox. 15 min.).
ACCESIBILIDADE PARA PÚBLICOS FRÁXILES
NORMAS DE ACCESO E RECOMENDACIÓNS
A SÚA COLABORACIÓN É IMPRESCINDIBLE PARA A CONSERVACIÓN DOS BENS CULTURAIS EXPOSTOS
GRAZAS POR RESPECTAR ESTAS NORMAS
Os bens culturais expostos así como os elementos museográficos non se poden tocar. Este museo está dotado cun sistema de videovixilancia permanente.
Está permitida a toma de imaxes unicamente con cámaras de man. Non se usará trípode, flash ou calquera outro tipo de iluminación externa. Queda prohibida a reprodución, distribución ou venda de fotografías ou gravacións sen a preceptiva e explícita autorización por escrito da administración xestora da institución.
Por motivos de seguridade, non está permitido o acceso con mochilas, bolsos de grandes dimensións, bolsas de deporte ou de viaxe, maletas, maletíns, paraugas, trípodes, ou calquera obxecto que se considere perigoso para os bens culturais. Estes haberán de ser depositados no gardarroupa. Tampouco se permitirá a entrada ás salas de exposicións con carriños ou cadeiras de bebés.
Está permitido o uso de teléfono móbil, en beneficio de todos os visitantes é preciso que modere o seu ton de voz e que manteña o seu teléfono “en modo silencio”.
Os nenos deben ir sempre acompañados por un adulto que se faga responsable do seu comportamento no interior das instalacións do museo.
Non se pode comer nin beber no espazo expositivo.
Non está permitido fumar no interior do edificio.
Non se pode acceder ao museo con animais, agás no caso de cans guías.
Non está permitido o uso de paus-selfie.
O visitante deberá conservar a entrada ata o final da visita.
O visitante deberá facer uso correcto dos textos en distintos idiomas distribuídos polas salas. Unha vez utilizados deberá depositalos nos lugares habilitados a tal fin. O resto de material de información e difusión que se lle entrega e que non desexe conservar, pode devolvelo á saída en boas condicións para ser utilizado novamente por outros visitantes.
Non se permitirá o acceso a persoas con modais ou condutas que poidan molestar ao resto dos visitantes ou que sexan susceptibles de causar danos ás persoas, á colección exposta ou as instalacións do museo.
As dúbidas que poidan xurdir con respecto á correcta utilización das instalacións por parte dos visitantes deberán ser consultadas co persoal de salas que colaborará en todo momento para facer máis cómoda e aproveitable a estancia no museo.