MUSEOS de Galicia
WE ARE CURRENTLY OPENWE ARE CURRENTLY CLOSED
OPENCLOSED
Festexamos o Día das Bibliotecas 2023 cunha serie de actividades.
Todas as actividades serán difundidas nas redes sociais do museo (Facebook e Instagram).
24 de outubro: FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS
Comezamos o día presentándovos o Día das Bibliotecas nas redes sociais. Este ano o lema elixido para a celebración é Tecendo comunidades, pola función social das bibliotecas. Estas son espazos de encontro onde se fomenta a participación e o diálogo cidadán e faise accesible a cultura e o coñecemento a toda a poboación sen discriminación de ningún tipo.
Feliz Día das Bibliotecas!

OS NOSOS LIBROS MÁIS CONSULTADOS
Viñeches algunha vez á nosa biblioteca? Aproveitamos o Día das Bibliotecas para amosarche nas redes sociais os nosos libros máis consultados deste ano. Foron os favoritos dos nosos usuarios.
Interésanche? Anímate a visitarnos!

25 de outubro: ADOPTA UN DUPLICADO
Na biblioteca do Museo rematamos a celebración do Día das Bibliotecas regalando varios dos exemplares da nosa bolsa de duplicados e descartados. Pode ser que algún che interese. Adóptao vindo o mércores, 25 de outubro, á sede expositiva do Museo na Praza das Praterías en horario de 10.30 a 20.30 h
Os libros estarán na entrada esperándote!
