MUSEOS de Galicia
WE ARE CURRENTLY OPENWE ARE CURRENTLY CLOSED
OPENCLOSED
O día 2 de maio de 2024 recibimos a visita da valedora do pobo, Dolores Fernández Galiño, quen visitou con dedicación o Museo das Peregrinacións e de Santiago. Estivo acompañada pola nosa directora, Esperanza Gigirey, quen lle explicou o obxectivo do centro e a guiou polos seus tres andares.
De entre todas as pezas da sede expositiva, a valedora resaltou o libro El Camino de Santiago en España, do xaponés Ikeda Munehiro. A obra contén ilustracións detalladas de distintos monumentos e paisaxes que atopou o seu autor ao longo do Camiño de Santiago.
Na súa dedicatoria no libro de honra do museo, Fernández Galiño loou o seu funcionamento e a súa exposición. Ademais, tivo ocasión de conversar co seu persoal.