MUSEOS de Galicia
WE ARE CURRENTLY OPENWE ARE CURRENTLY CLOSED
OPENCLOSED
Joaquín González Dorao
En colaboración co IV Encontro Internacional de cadernos de viaxe preséntase "Simplemente Santiago", debuxos de Joaquín González Dorao.
O ilustrador gaditano Joaquín González Dorao presenta nesta mostra de orixinais unha recopilación de debuxos de Santiago, tras máis de seis anos de traballo para a súa colección de guías ilustradas. A Catedral, as igrexas, os parques, os peregrinos, os museos, os bares, a vida de rúa... un Santiago diferente e completo.