De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Gratis.
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
II Concurso Internacional de diseño y encuadernación para un libro de peregrino
Con motivo da celebración do pasado Ano Santo, a Asociación para o Fomento da Encadernación de Libros de Arte (AFEDA), en colaboración co Museo Das Peregrinacións, convocou o primeiro Concurso Internacional de Encadernación e Deseño co obxectivo de deseña-lo libro máis axeitado para un peregrino actual.
Nesta exposición pódense contempla-las 49 encadernacións presentadas que combinan utilidade e deseño: libros en branco para anotar nas súas follas o acontecido en cada xornada, libros con texto xa impreso para ler durante o camiño, guías para orienta-lo peregrino no itinerario, libros de oración para o recollemento, en definitiva libros para múltiples funcións con deseños e montaxes singulares, útiles e valiosos.
O uso dos libros para cinto apareceu arredor de 1350 e mantívose vixente durante preto dun século e medio. Hoxe consérvanse moi poucos exemplares no mundo, estes dispoñen de tapas de madeira cunha protección de ante que cobre os laterais e o lombo, prolongándose pola parte superior para acabar nun nó.
O libro levábase prendido no cinto colgando boca abaixo, quedaba así protexido da choiva e do lixo, sendo posible levalo tamén na man grazas ó nó. Desta forma o peregrino portaba consigo todo o que necesitaba para a escritura ó tempo que podía abrilo e lelo, incluso mentres camiñaba.
No concurso, ademais dos representantes de distintas comunidades autónomas de España, participaron profesionais de Portugal, Francia, Italia, Xapón, Bélxica e México.
Os premios outorgados foron os seguintes:
-1o. Premio: María José Eiriz Fernández, de Vigo (Pontevedra).
-2º Premio: Concha e Rosana López Bermejo, de Madrid.
Vinka Grbic Segura, de Barcelona.
Accésits a:
- 1o. Accésit: Cristina Balbiano D’Aramengo, de Milán (Italia).
- 2º Accésit: Raquel Escudero Arribas, de Madrid.
Accésit: Begoña Cabero Dieguez, de Barcelona.