Languages

Inicio
Cultura Xunta
DÍA DO PATRIMONIO

16/11/2017

O Museo das Peregrinacións e de Santiago súmase á iniciativa da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega para a celebración da Semana do patrimonio moble, coincidindo co Día Internacional do Patrimonio Mundial que ten lugar cada 16 de novembro.

Para tal fin, organízanse distintas actividades entre as que figuran: XORNADA DE PORTAS ABERTAS, O PATRIMONIO DO MDPS EN REDE e UN MUSEO EN CRECEMENTO, na que se vai dar a coñecer á cidadanía algunhas das últimas adquisicións.

DÍA DO MUSEO

10/11/2017

Hai dous anos, o 7 de novembro de 2015, abriuse a nova sede do Museo na praza das Praterías. Queremos celebralo dun xeito especial e por iso imos a ter o noso propio día: O día do Museo. O venres 10 de novembro vai ser unha xornada de festa no MDPS. Agardamos por todos vos!

Día Internacional dos Museos

18/05/2017 - 20/05/2017

A temática asignada polo ICOM ó Día Internacional dos Museos é “Museos e historias controvertidas. Dicir o indicible nos museos”, serviunos para reflexionar e intentar transmitir á cidadania que os museos poden servir de axentes de mediación e reconciliación entre os pobos.

A programción do MDPS pretende crear un espazo de reunión cultural con diversos elementos propios dos mundos hebreo e árabe que, mesturados co galego e todas as pezas da Colección, ofrecerán unha visión do Museo acorde coa súa filosofía integradora e multicultural. A través da música, a danza, os contos e mesmo a gastronomía, as persoas que nos visiten poderán apreciar aspectos positivos de cada unha destas culturas frente a outros aspectos máis controvertidos e mediaticos. Deste xeito buscamos achegar ao público as culturas que teñen cabida nas historias que narra o museo a través das súas pezas.

Visitas dinamizadas na nova sede do MDPS

01/01/2017 - 31/12/2017

VISITAS CONTADAS con TEP Teatro En Punto

O MDPS ofrece esta actividade dirixida a todos os públicos, e que ten como obxectivo a divulgación das coleccións do museo dun xeito ameno e participativo.

Nove longametraxes documentais protagonizan o WOMEX Film Nigths

20/10/2016 - 22/10/2016

O festival de cine do WOMEX ofrece dúas estreas mundiais e outras seis peninsulares na súa primeira edición aberta ao público.

Cinco directores e produtores participarán nos encontros co público ao finalizar as proxeccións das longametraxes.

Día Internacional dos Museos

18 / 05 / 2016

O día 18 de maio estamos de festa. Celebramos o Día Internacional dos Museos, un día de portas abertas a todo o mundo no que queremos ofrecerche algo especial pois imos encher o edificio de música, música e máis música!

Programa Monumenta. Mesa redonda

A restauración do patrimonio da Catedral de Santiago de Compostela

13 de xuño de 2014

19h00

Diálogo con profesionais da restauración arredor das intervencións na catedral de Santiago

Concerto de música antiga

Presentación do Cd Viaxe a Compostela. Resonet

23 de maio de 2014

19h00

Amosarase o traballo incluído no disco Viaxe a Compostela cun pequeno concerto a cargo de Fernando Reyes, dirección e tiorba. Trinidade de Miguel, castañetas e colascione.

Día Internacional dos Museos

Xornadas de portas abertas

Do 19 ao 23 de maio de 2014

10h30 / 11h30 / 12h30 / 13h30

Visitas conducidas polos técnicos do museo para coñecer as áreas internas do centro.

Parten da recepción do museo e duran 30 minutos aproximadamente. Sen cita previa.

Día Internacional dos Museos: Sesións de contacontos

Colección de contos con María da Pontraga

Do 13 ao 22 de maio de 2014

Unha visita arredor de pezas clave do MDPS que xira arredor da idea do valor das coleccións museísticas e do poder dos obxectos que as integran para contar a súa historia e establecer nexos cos visitantes. A continuación unha coleccionista de contos moi especial: María da Pontraga fará unha sesión de contos que parten da tradición, do patrimonio oral e que establecen conexións coas pezas do Museo.

Dirixido a rapaces de Educación primaria (todos os niveis)

Día Internacional dos Museos: Acción entre museos

Entre coleccións. Cruzando miradas

Do 12 ao 26 de maio de 2014

Co gallo desta celebración propoñemos percorrer diferentes museos da cidade na procura de pezas que, por uns días, cambian de lugar. Así, o Museo do Pobo Galego, o CGAC, o Museo das Peregrinacións e de Santiago, A Fundación Eugenio Granell, o MUPEGA e o Museo da Catedral, agochan nas súas salas obras que proveñen doutras coleccións.

Día Internacional dos Museos: Visitas dinamizadas

Exploradores de coleccións

Maio e xuño de 2014

Ataviados con lupas, unha especial maleta e outros elementos para recoller os seus achados, os rapaces converteranse en exploradores do MDPS e da súa colección.

Dirixido a rapaces de Educación primaria (todos os niveis).

Presentación de libro

El azabache y su cultura en la penísula ibérica. Autor: Ángel Cardín Toraño

18 de decembro de 2013

20h00

O acto contará coa participación de Bieito Pérez Outeriño, J.M. Vázquez Varela e o autor: Ángel Cardín Toraño.

Día Internacional dos Museos

Xornada de portas abertas

16 de maio de 2013

10h30 / 11h30 / 12h30 / 13h30

Visitas conducidas polos técnicos do museo para coñecer as áreas internas do centro.

Parten da recepción do museo e duran 30 minutos aproximadamente. Sen cita previa.

Día Internacional dos Museos: Sesión de contacontos con música

Contos Rromané. Sebastián Porras Soto e Manuel Cortés Muñoz

14, 15 e 16 de maio de 2013

Contos Rromané ofrécenos a oportunidade de coñecer aspectos da cultura xitana e afondar no concepto de igualdade e diferenza empregando a narración de contos e a música de guitarra flamenca en directo.

Dirixido a rapaces de 2º e 3º ciclo de Primaria.

Día Internacional dos Museos: Charla

¿Quen somos os Rroma?. Sebastián Porras Soto, Manuel Cortés Muñoz e Irene Jiménez Cortiñas

14 de maio de 2013

19h00

Sebastián Porras Soto, vicepresidente da Fundació Pere Closa, Manuel Cortés e Irene Jiménez Cortiñas, mediadora intercultural da Fundación Secretariado Gitano de Lugo, falarán sobre as características socioculturais xitanas e afondarán na realidade actual de integración desta comunidade.

Dirixida a público adulto en xeral

Actividades educativas

Visitas dinamizadas á exposición: Les gens du chemin, peregrinación a Saintes Maries de la Mer. Fotografías de Olga Seoane Paulus

De maio a outubro de 2013

Un ameno percorrido pola mostra que propiciará o achegamento á historia, crenzas, idioma, msica e valores dos xitanos coa que se potenciará a educación intercultural.

Dirixido a escolares de 2º e 3º ciclo de Primaria, ESO e Bacharelato. A cargo dun educador de museos e unha monitora de etnia xitana, grazas a colaboración coa Fundación Secretariado Xitano.

Concerto de música antiga

Presentación do Cd A Peregrina. Resonet

20 de decembro de 2012

19h00

Amosarase o traballo incluído no disco A Peregrina, cantos e romances nos camiños de Santiago cun pequeno concerto a cargo de Mercedes Hernández, soprano e Fernando Reyes, dirección.

Día Internacional do Patrimonio Mundial

Xornada de portas abertas

16 de novembro de 2012

10h30 / 11h30 / 12h30 / 13h30

Visitas conducidas polos técnicos do museo para coñecer as áreas internas do centro.

Parten da recepción do museo e duran 30 minutos aproximadamente. Sen cita previa.

Día Internacional dos Museos

Visitas guiadas dramatizadas. Aturuxo de Melpómene

25 de maio de 2012

10h00 / 11h00 / 12h00 / 13h00

Un guía e dous actores da compañía aturuxo de Melpómene, acompañarán aos grupos nunha visita moi especial ao museo cargada de bo humor.

Dirixido a público escolar de 2º Ciclo de Primaria e Secundaria. Previa reserva no tel.: 881 913 055.

Día Internacional dos Museos: Sesións de contacontos

Camiños de contos. Pablísimo

22 de maio de 2012

10h00 / 11h00

O famosísimo e marabillosísimo contacontos Pablísimo será o encargado de transportar aos nenos e nenas por camiños que só transitan as palabras acompañadas de sorpresas, de tenrura e de humor.

Actividade dirixida a público escolar de Educación Infantil (4 – 5 anos) e 1º Ciclo de Educación Primaria. Previa reserva no tel.: 881 913 055.

Día Internacional dos Museos

Xornadas de portas abertas

15, 16 e 18 de maio de 2012

10h30 / 11h30 / 12h30 / 13h30

Visitas conducidas polos técnicos do museo para coñecer as áreas internas do centro.

Parten da recepción do museo e duran 30 minutos aproximadamente. Sen cita previa.