MUSEOS de Galicia
WE ARE CURRENTLY OPENWE ARE CURRENTLY CLOSED
OPENCLOSED
MÚSICA NAS SALAS DO MUSEO
Todos os públicos / asistencia libre
Pezas musicais vinculadas ao repertorio renacentista e barroco co instrumento precursor do trombón de varas moderno. O intérprete ofrecerá un percorrido polo patrimonio musical dos séculos XVI e XVII, épocas moi presentes na colección do museo.
Este músico multiinstrumentista, coñecedor doutras culturas, revivirá coa cornamusa as músicas de orixe pastoril que escoitaban os peregrinos do suroeste de Francia e levaronos, despois, ata o Extremo Oriente cos sons milenarios do hulusi chinés.
A intérprete fará soar a fermosa viola de teclas sueca. O seu eco e cordas simpáticas conectarán as resonancias atlánticas cos camiños sonoros da Europa medieval.
Público familiar (nenas e nenos a partir de 5 anos)
Necesaria inscrición previa
Tras unha visita ao museo para descubrir o atribulado periplo que sufriron estas valiosas esculturas románicas pertencentes ao Mosteiro de Carboeiro, cada participante poderá facer en barro a súa réplica en miniatura.
Para realizar a inscrición é necesario cumplimentar e enviar o formulario a reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal)
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición
A praza non estará asegurada ata recibir un correo de confirmación
Para dúbidas e preguntas relacionadas coas actividades e inscrición: difusion.mdperegrinacions [at] xunta.gal (difusion[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal) ou 881 867 322 (de luns a venres de 9 a 14.00 h.)
Para modificacións ou avisos de última hora: 881 867 401