NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Día do Museo 2026

Durante o fin de semana do 7 e 8 de novembro o MDPS celebra o 11º aniversario da apertura da sede de Praterías con diferentes actividades

          1 2 1

PROGRAMA 

SÁBADO, 7 DE NOVEMBRO

MÚSICA NAS SALAS DO MUSEO

Todos os públicos / asistencia libre

16.30 - 17. 30 h. Ignacio Castro [sacabuxa]

Pezas musicais vinculadas ao repertorio renacentista e barroco co instrumento precursor do trombón de varas moderno. O intérprete ofrecerá un percorrido polo patrimonio musical dos séculos XVI e XVII, épocas moi presentes na colección do museo. 

17.30 - 18.30 h. Eloi Pérez [cornamusa landesa + hulusi]

Este músico multiinstrumentista, coñecedor doutras culturas, revivirá coa cornamusa as músicas de orixe pastoril que escoitaban os peregrinos do suroeste de Francia e levaronos, despois, ata o Extremo Oriente cos sons milenarios do hulusi chinés.

18.30 - 19.30 h. Carmen Gallego [nyckelharpa]

A intérprete fará soar a fermosa viola de teclas sueca. O seu eco e cordas simpáticas conectarán as resonancias atlánticas cos camiños sonoros da Europa medieval. 


DOMINGO, 8 DE NOVEMBRO

11:30 - 12:40 h. Obradoiro Recuperando as pezas de Carboeiro

Público familiar (nenas e nenos a partir de 5 anos)

Necesaria inscrición previa

Tras unha visita ao museo para descubrir o atribulado periplo que sufriron estas valiosas esculturas románicas pertencentes ao Mosteiro de Carboeiro, cada participante poderá facer en barro a súa réplica en miniatura. 


INSCRICIÓNS

  • Para realizar a inscrición é necesario cumplimentar e enviar o formulario a reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal)

  • As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición

  • A praza non estará asegurada ata recibir un correo de confirmación


MÁIS INFORMACIÓN

  • Para dúbidas e preguntas relacionadas coas actividades e inscrición: difusion.mdperegrinacions [at] xunta.gal (difusion[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal) ou 881 867 322 (de luns a venres de 9 a 14.00 h.)

  • Para modificacións ou avisos de última hora: 881 867 401