NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Visitas en grupo

Condicións de visita para os grupos

  • Considérase visita de grupo aqueles que superen as 15 persoas.
  • En todos os casos o grupo non poderá superar as 25 persoas, se é así se dividirá e farán a visita en dúas quendas que entrarán ao museo cun intervalo de tempo entre eles que o persoal do museo organizará.
  • Se deciden visitarnos é necesario reservar a visita con 15 días de antelación. 
  • Como reservar unha visita para grupo:
    · A través do correo electrónico reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal) ou no teléfono 881.867.322. Horario de atención ao público de luns a venres de 9:00 ás 14:00h. 
    · Formulario on line de reservas 
     
  • Na súa solicitude debe indicar os seguintes datos:
    • Nome do colectivo:
    • Número de visitantes:
    • Idade e curso académico:
    • Día da visita:
    • Hora:
    • Nome do responsable do grupo:
    • Teléfono de contacto:
    • Indicar se solicitan VISITA LIBRE ou GUIADA (especificar idioma):

Os anteriores datos son imprescindibles para que podamos facer a reserva: o envío de solicitude non implica a reserva da visita, esta debe  ser confirmada polo museo.

VISITAS GRUPO

 

VISITAS GRUPO 2

Visitas Contadas

O MDPS ofrece esta actividade dirixida a todos os públicos, e ten como obxectivo a divulgación das coleccións do museo dun xeito ameno e participativo.

Estas visitas mesturan un percorrido guiado polo museo coa tradición dos contacontos. O público terá a ocasión de coñecer as pezas expostas e gozar con lendas, anécdotas e curiosidades relativas ao Camiño de Santiago e á propia historia da cidade. Deste xeito os relatos e a súa riqueza inmaterial que, pola súa natureza, non se poden expoñer nunha vitrina serán o fío condutor para descubrir todas as historias que os bens culturais non poden contar de viva voz.

Esta actividade está dirixida a grupos cun mínimo de 10 e un máximo de 25 persoas. (Se o grupo é máis numeroso dividirase para percorrer  o museo).

As visitas contadas non terán custo adicional. Aplicaranse as tarifas actuais de entrada

Como reservar unha Visita Contada:
· A través do correo electrónico reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal) ou no teléfono 881.867.322. Horario de atención ao público de luns a venres de 9:00 ás 14:00h. 
· Formulario on line de reservas 

Máis información (pdf)

 

VISITAS CONTADAS

 

VISITAS CONTADAS

 

Normas de acceso e recomendacións

A SÚA COLABORACIÓN É IMPRESCINDIBLE PARA A CONSERVACIÓN DOS BENS CULTURAIS EXPOSTOS
GRAZAS POR RESPECTAR ESTAS NORMAS

​​​​Os bens culturais expostos así como os elementos museográficos non se poden tocar. Este museo está dotado cun sistema de videovixilancia permanente.

Está permitida a toma de imaxes unicamente con cámaras de man. Non se usará trípode, flash ou calquera outro tipo de iluminación externa. Queda prohibida a reprodución, distribución ou venda de fotografías ou gravacións sen a preceptiva e explícita autorización por escrito da administración xestora da institución.

Por motivos de seguridade, non está permitido o acceso con mochilas, bolsos de grandes dimensións, bolsas de deporte ou de viaxe, maletas, maletíns, paraugas, trípodes, ou calquera obxecto que se considere perigoso para os bens culturais. Estes haberán de ser depositados no gardarroupa. 

Está permitido o uso de teléfono móbil, en beneficio de todos os visitantes é preciso que modere o seu ton de voz e que manteña o seu teléfono “en modo silencio”.

Os nenos e nenas deben ir sempre acompañados por un adulto que se faga responsable do seu comportamento no interior das instalacións do museo.

Non se pode comer nin beber no espazo expositivo.
Non está permitido fumar no interior do edificio.
Non se pode acceder ao museo con animais, agás no caso de cans guías.
Non está permitido o uso de paus-selfie.

O visitante deberá conservar a entrada ata o final da visita.

O visitante deberá facer uso correcto dos textos en distintos idiomas distribuídos polas salas. Unha vez utilizados deberá depositalos nos lugares habilitados a tal fin. O resto de material de información e difusión que se lle entrega e que non desexe conservar, pode devolvelo á saída en boas condicións para ser utilizado novamente por outros visitantes.

Non se permitirá o acceso a persoas con modais ou condutas que poidan molestar ao resto dos visitantes ou que sexan susceptibles de causar danos ás persoas, á colección exposta ou as instalacións do museo.

As dúbidas que poidan xurdir con respecto á correcta utilización das instalacións por parte dos visitantes deberán ser consultadas co persoal de salas que colaborará en todo momento para facer máis cómoda e aproveitable a estancia no museo.