NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

A peregrinación e o camiño de Santiago

Os obxectos e rituais relacionados cos peregrinos xacobeos, a vinculación que a música, a literatura e a arte tivo co Camiño de Santiago, a diversidade iconográfica do Apóstolo, así como a amplísima dispersión internacional do culto a Santiago, son os protagonistas nesta planta.

Peregrinos na historia

Pouco despois do descubrimento do sepulcro apostólico xa se documentan os primeiros peregrinos a Compostela. Iníciase así un incesante fluír de xentes de todas as rexións de Europa que continúa na actualidade téndose ampliado a procedencia aos cinco continentes. A gran maioría de peregrinos xacobeos foron xente anónima da que non quedou referencia do seu paso por Santiago, pero de moitos outros se coñecen en cambio datos máis ou menos precisos sobre a súa identidade, viaxe, itinerario seguido, impresións da peregrinación, descricións do Camiño, etc. Na sede expositiva pódense ver expostos dous exemplos de peregrinos históricos, cada un cunha historia motivadora moi diversa ás súas costas. Son Santa Isabel de Portugal (a Rainha Santa) e Cosme III de Medici.  

O Museo emprendeu nestes últimos anos un proxecto de recompilación de información sobre peregrinos a Santiago desde o século IX ata a segunda metade do século XIX. Por primeira vez, unha parte deste proxecto ponse a disposición do público coa intención de proseguir actualizando neste interactivo a información que se teña dispoñible, nun intento de poñer nome ao verdadeiro protagonista da peregrinación xacobea.