NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Organización

Os usuarios dos centros museísticos, incluso aqueles máis fieis, coñecen a faciana pública do museo: as salas de exposicións, o auditorio, a biblioteca, a tenda..., e desfrutan daquelas actividades relacionadas con estes espazos, pero isto é unha pequena parte da organización do centro e das tarefas do seu persoal.

Os museos en xeral contan con diferentes departamentos que aínda que traballan para o público, fan un labor descoñecido polos visitantes. Sabemos que o traballo interno realizado nos museos é unha gran incógnita por iso queremos que se poida entender mellor o «traballo invisible» do MDPS.

Archivo

Dirección

ESPERANZA_DIRECCIÓN

Os cometidos que se asignan á Dirección son os seguintes:

  • Desempeñar a dirección e xerencia do museo.
  • Xestionar a prestación de servizos do museo organizando e coordinando as súas funcións de cara a impulsar os traballos de todos os departamentos do mesmo.
  • Adoptar as medidas necesarias para a protección do patrimonio cultural custodiado no museo.
  • Impulsar a difusión do museo.
  • Presentar ao organismo superior o plan anual de actividades e a programación económica anual.
  • Elaborar e presentar ante os organismos superiores a memoria anual de actividades.
  • Servir de canle de cooperación, relación e coordinación coas institucións museísticas e outras institucións culturais que conveñan á natureza e aos cometidos do centro.
  • Representar ao museo naqueles actos e actividades que conveñan ao museo.

Documentación

DOCUMENTACION

O departamento de documentación constitúe o engrenaxe central do mecanismo do museo, encárgase da xestión, do control e da organización dos instrumentos documentais do museo, especialmente do rexistro e inventario dos fondos que conforman as coleccións, tanto dos museográficos como dos documentais.

A súas tarefas principais son:

  • Elaborar e estudar os instrumentos documentais administrativos (rexistros) e técnico-administrativos adecuados (inventario-catálogo).
  • Fixar os criterios para a cumprimentación dos instrumentos documentais (normas de cumprimentación, elaboración ou adaptación de vocabularios adecuados aos fondos...).
  • Planificar os traballos a corto, medio e longo prazo para a completa documentación das obras pertencentes ás coleccións do museo.
  • Xestionar documentalmente as adquisicións, ingresos e movementos de fondos.
  • Xestionar e controlar documentalmente os préstamos de obras para exposicións temporais.
  • Elaborar as normas para a organización do arquivo de xestión.
  • Supervisar a xestión e funcionamento do servizo de biblioteca do centro.

Conservación e Restauración

Conservación e restauración

A conservación das coleccións ten como fin último garantir a transmisión do patrimonio, por nós herdado, ás xeracións futuras. A función por excelencia dos museos é, sen dúbida, velar polo benestar dos bens custodiados no centro. Para cumprir este obxectivo a área de conservación e restauración é a responsable do control físico dos fondos, tanto no que se refire á prevención como á restauración. Unha boa conservación preventiva evita actuacións de restauración, aínda así é inevitable realizar algunha intervención.

 

A súas tarefas principais son:

  • Determinar e controlar as condicións medioambientais para a conservación preventiva das coleccións. Ocupándose entre outros aspectos do control ambiental, da prevención de pragas, da adecuación das instalacións ou da manipulación dos fondos.
  • Realizar análises e estudios de conservación individual e global dos fondos, incluídos os procedentes de novas adquisicións ou de préstamos.
  • Supervisar o mantemento dos instrumentos de descrición precisos para o control da conservación dos fondos.
  • Controlar as condicións de seguridade dos fondos.
  • Organizar e controlar as áreas de reserva.
  • Propoñer e supervisar os tratamentos de limpeza, conservación e restauración das pezas.
  • Planificar os programas anuais de conservación e restauración.

Investigación

Investigación

A área de investigación ten como función básica o estudo científico dos fondos, tanto museográficos como documentais. A investigación ten que ser a columna vertebral da institución, sustentando e dotando de contido os labores de tódolos departamentos do museo. Non se pode protexer nin difundir aquilo que non se coñece, todas as actividades acometidas polo museo teñen que estar avaladas por unha investigación previa.

 

A súas tarefas principais son:

  • Realizar a análise e estudo científico dos fondos museográficos e sobre aquelas materias con eles relacionadas.
  • Elaborar, propoñer e executar programas de investigación, tanto propios como en cooperación con institucións externas, sobre as coleccións do museo e a súa respectiva contorna cultural e territorial.
  • Realizar os informes sobre as propostas de adquisición de fondos
  • Elaborar publicacións de carácter científico e supervisar as publicacións de difusión e divulgación.
  • Supervisar os aspectos científicos da exposición permanente, das exposicións temporais e das actividades culturais.

Difusión e comunicación

difusión

A área de difusión e comunicación ocúpase de todo aquelo que teña como finalidade poñer en relación o museo coa sociedade. É, pois, a responsable de lle comunicar o contido das coleccións ao público, de facilitar a transmisión da mensaxe que destas coleccións se desprende, e tamén de divulgar os fins e valores da propia institución.

A súas tarefas principais son:

  • Organizar todos aqueles aspectos e actuacións relacionados coa atención ao visitante.
  • Elaborar e coordinar a execución dos programas de exposicións temporais e dos programas de actividades educativas e culturais.
  • Desenvolver os aspectos didácticos e os valores socioculturais das exposicións, tanto da permanente como das temporais.
  • Elaborar e coordinar as publicacións de carácter didáctico e divulgativo.
  • Realizar a difusión e promoción externa do museo, o que atinxe a tenda do museo e a elaboración dos produtos de promoción externa.
  • Encargarse da coordinación dos programas de investigación e dos contactos con outras institucións en materia de difusión.
  • Realizar estudos e análises de público así como investigacións sobre técnicas museográficas.
  • En canto a comunicación correspóndelle: a relación cos medios de comunicación, a supervisión da imaxe institucional e todos os aspectos relacionados coa presenza do museo en Internet.

Administración

Administración

 

 

A área de administración ocúpase, en coordinación con todas as áreas do museo, do rexistro de toda a documentación que se xera, así como a contabilidade resultante do funcionamento do mesmo.

As súas tarefas principais son:

  • Rexistro de entradas e saídas dos distintos documentos xerados en todas as áreas do museo.
  • Elaboración de expedientes, arquivo e rexistro dos programas de exposicións temporais e dos programas de actividades educativas e culturais.
  • Elaboración de expedientes, arquivo e rexistro do inventario de adquisicións e doazóns do museo.
  • Atención ao público.
  • Elaboración de expedientes, arquivo e rexistro dos orzamentos, facturas e tramitación económica.
  • Arquivo e rexistro dos visitantes e vendas do museo.
  • A elaboración de expedientes, arquivo e rexistro dos contratos de mantemento.
  • Labores de correspondencia, arquivo, secretaría, administración e persoal.