O venres 16 volvemos estar de celebración, nesta ocasión co Día Internacional do Patrimonio Mundial. Imos a aproveitar esta xornada para presentarvos, xa completamente restaurados, dous óleos sobre táboa que pasarán a formar parte da colección do Museo.
DÍA DO MUSEO 2018 - CELÉBRAO CON NÓS!
O 7 de novembro de 2018, a sede expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago na praza das Praterías cumpre 3 anos, e queremos celebralo o dun xeito especial cunha serie de actividades o venres 09 de novembro.
[13/10/2018 - 22/12/2018]
Durante os meses de outubro a decembro o MDPS pon en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos máis cativos e o seu entorno familiar.
Os obradoiros infantís potenciarán a imaxinación e a creación dos máis pequenos, producindo manualmente e con materiais accesíbeis, obxectos vinculados ao Camiño (cunchas, broches de peregrinos, libros de viaxe, etc).
Con A Trastenda dos Contos e Caxoto Contacontos trasladaremos a nosa mente aos mundos recreados polo enxeño destes oradores co ciclo “Ultreia! Contos do Camiño” e cunha serie de relatos de medo que seica deixan durmir e outros cos que incluso poderemos bailar un valse.
Maiores e pequenos poderemos gozar das notas musicais improvisadas do jazz coas actuacións de Iago Mouriño Trío, Pablo Sanmamed Trío e Transversal Art Ensemble.
27/09/2018
O Consello Galego de Museos e o Museo das Peregrinacións e de Santiago organizan unha xornada informativa sobre RE-ORG, ferramenta de reorganización de depósitos promovida por ICCROM. A xornada está dirixida a persoal técnico de museos e a persoal encargado do coidado das coleccións en reserva.
18/05/2018 - 19/05/2018
A temática asignada polo ICOM ó Día Internacional dos Museos é “Museos hiperconectados: novos enfoques, novos públicos”. Este fío temático permite facer unha reflexión sobre as posibilidades de conexión do Museo a través das novas tecnoloxías. As redes sociais permítenos ter o noso público informado e o día, mantendo a conexión co seu entorno. Pero tamén nos permite chegar máis aló. A tecnoloxía abre unha nova xanela para a difusión dos nosos fondos e actividades, traspasando todas as fronteiras físicas. Son tempos de innovación, en definitiva, tempos de novos enfoques hiperconectados.
A programación do MdPS pretende crear un espazo de encontro cultural cunha ampla temática capaz de chegar a todos os públicos. O visitante ten a oportunidade de participar de forma activa nos diversos obradoiros que se ofrecerán estes días, onde se traballará sobre o tradicional e o autóctono cunha visión innovadora. A música terá nesta ocasión un papel relevante e atraente para o novo público, nas salas do MdPS poderase gozar tanto dos tradicionais acordes, elaborados con instrumentos de forma artesanal, aos novos e modernos ritmos de grupos locais.
01/01/2018 - 31/12/2018
VISITAS CONTADAS con TEP Teatro En Punto
O MDPS ofrece esta actividade dirixida a todos os públicos, e que ten como obxectivo a divulgación das coleccións do museo dun xeito ameno e participativo.
16/11/2017
O Museo das Peregrinacións e de Santiago súmase á iniciativa da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega para a celebración da Semana do patrimonio moble, coincidindo co Día Internacional do Patrimonio Mundial que ten lugar cada 16 de novembro.
Para tal fin, organízanse distintas actividades entre as que figuran: XORNADA DE PORTAS ABERTAS, O PATRIMONIO DO MDPS EN REDE e UN MUSEO EN CRECEMENTO, na que se vai dar a coñecer á cidadanía algunhas das últimas adquisicións.
10/11/2017
Hai dous anos, o 7 de novembro de 2015, abriuse a nova sede do Museo na praza das Praterías. Queremos celebralo dun xeito especial e por iso imos a ter o noso propio día: O día do Museo. O venres 10 de novembro vai ser unha xornada de festa no MDPS. Agardamos por todos vos!
18/05/2017 - 20/05/2017
A temática asignada polo ICOM ó Día Internacional dos Museos é “Museos e historias controvertidas. Dicir o indicible nos museos”, serviunos para reflexionar e intentar transmitir á cidadania que os museos poden servir de axentes de mediación e reconciliación entre os pobos.
A programción do MDPS pretende crear un espazo de reunión cultural con diversos elementos propios dos mundos hebreo e árabe que, mesturados co galego e todas as pezas da Colección, ofrecerán unha visión do Museo acorde coa súa filosofía integradora e multicultural. A través da música, a danza, os contos e mesmo a gastronomía, as persoas que nos visiten poderán apreciar aspectos positivos de cada unha destas culturas frente a outros aspectos máis controvertidos e mediaticos. Deste xeito buscamos achegar ao público as culturas que teñen cabida nas historias que narra o museo a través das súas pezas.
20/10/2016 - 22/10/2016
O festival de cine do WOMEX ofrece dúas estreas mundiais e outras seis peninsulares na súa primeira edición aberta ao público.
Cinco directores e produtores participarán nos encontros co público ao finalizar as proxeccións das longametraxes.
18 / 05 / 2016
O día 18 de maio estamos de festa. Celebramos o Día Internacional dos Museos, un día de portas abertas a todo o mundo no que queremos ofrecerche algo especial pois imos encher o edificio de música, música e máis música!
A restauración do patrimonio da Catedral de Santiago de Compostela
13 de xuño de 2014
19h00
Diálogo con profesionais da restauración arredor das intervencións na catedral de Santiago
Presentación do Cd Viaxe a Compostela. Resonet
23 de maio de 2014
19h00
Amosarase o traballo incluído no disco Viaxe a Compostela cun pequeno concerto a cargo de Fernando Reyes, dirección e tiorba. Trinidade de Miguel, castañetas e colascione.
Xornadas de portas abertas
Do 19 ao 23 de maio de 2014
10h30 / 11h30 / 12h30 / 13h30
Visitas conducidas polos técnicos do museo para coñecer as áreas internas do centro.
Parten da recepción do museo e duran 30 minutos aproximadamente. Sen cita previa.
Colección de contos con María da Pontraga
Do 13 ao 22 de maio de 2014
Unha visita arredor de pezas clave do MDPS que xira arredor da idea do valor das coleccións museísticas e do poder dos obxectos que as integran para contar a súa historia e establecer nexos cos visitantes. A continuación unha coleccionista de contos moi especial: María da Pontraga fará unha sesión de contos que parten da tradición, do patrimonio oral e que establecen conexións coas pezas do Museo.
Dirixido a rapaces de Educación primaria (todos os niveis)
Entre coleccións. Cruzando miradas
Do 12 ao 26 de maio de 2014
Co gallo desta celebración propoñemos percorrer diferentes museos da cidade na procura de pezas que, por uns días, cambian de lugar. Así, o Museo do Pobo Galego, o CGAC, o Museo das Peregrinacións e de Santiago, A Fundación Eugenio Granell, o MUPEGA e o Museo da Catedral, agochan nas súas salas obras que proveñen doutras coleccións.
Exploradores de coleccións
Maio e xuño de 2014
Ataviados con lupas, unha especial maleta e outros elementos para recoller os seus achados, os rapaces converteranse en exploradores do MDPS e da súa colección.
Dirixido a rapaces de Educación primaria (todos os niveis).
El azabache y su cultura en la penísula ibérica. Autor: Ángel Cardín Toraño
18 de decembro de 2013
20h00
O acto contará coa participación de Bieito Pérez Outeriño, J.M. Vázquez Varela e o autor: Ángel Cardín Toraño.
Xornada de portas abertas
16 de maio de 2013
10h30 / 11h30 / 12h30 / 13h30
Visitas conducidas polos técnicos do museo para coñecer as áreas internas do centro.
Parten da recepción do museo e duran 30 minutos aproximadamente. Sen cita previa.
Contos Rromané. Sebastián Porras Soto e Manuel Cortés Muñoz
14, 15 e 16 de maio de 2013
Contos Rromané ofrécenos a oportunidade de coñecer aspectos da cultura xitana e afondar no concepto de igualdade e diferenza empregando a narración de contos e a música de guitarra flamenca en directo.
Dirixido a rapaces de 2º e 3º ciclo de Primaria.
¿Quen somos os Rroma?. Sebastián Porras Soto, Manuel Cortés Muñoz e Irene Jiménez Cortiñas
14 de maio de 2013
19h00
Sebastián Porras Soto, vicepresidente da Fundació Pere Closa, Manuel Cortés e Irene Jiménez Cortiñas, mediadora intercultural da Fundación Secretariado Gitano de Lugo, falarán sobre as características socioculturais xitanas e afondarán na realidade actual de integración desta comunidade.
Dirixida a público adulto en xeral
Visitas dinamizadas á exposición: Les gens du chemin, peregrinación a Saintes Maries de la Mer. Fotografías de Olga Seoane Paulus
De maio a outubro de 2013
Un ameno percorrido pola mostra que propiciará o achegamento á historia, crenzas, idioma, msica e valores dos xitanos coa que se potenciará a educación intercultural.
Dirixido a escolares de 2º e 3º ciclo de Primaria, ESO e Bacharelato. A cargo dun educador de museos e unha monitora de etnia xitana, grazas a colaboración coa Fundación Secretariado Xitano.
Presentación do Cd A Peregrina. Resonet
20 de decembro de 2012
19h00
Amosarase o traballo incluído no disco A Peregrina, cantos e romances nos camiños de Santiago cun pequeno concerto a cargo de Mercedes Hernández, soprano e Fernando Reyes, dirección.
Xornada de portas abertas
16 de novembro de 2012
10h30 / 11h30 / 12h30 / 13h30
Visitas conducidas polos técnicos do museo para coñecer as áreas internas do centro.
Parten da recepción do museo e duran 30 minutos aproximadamente. Sen cita previa.
Visitas guiadas dramatizadas. Aturuxo de Melpómene
25 de maio de 2012
10h00 / 11h00 / 12h00 / 13h00
Un guía e dous actores da compañía aturuxo de Melpómene, acompañarán aos grupos nunha visita moi especial ao museo cargada de bo humor.
Dirixido a público escolar de 2º Ciclo de Primaria e Secundaria. Previa reserva no tel.: 881 913 055.
Camiños de contos. Pablísimo
22 de maio de 2012
10h00 / 11h00
O famosísimo e marabillosísimo contacontos Pablísimo será o encargado de transportar aos nenos e nenas por camiños que só transitan as palabras acompañadas de sorpresas, de tenrura e de humor.
Actividade dirixida a público escolar de Educación Infantil (4 – 5 anos) e 1º Ciclo de Educación Primaria. Previa reserva no tel.: 881 913 055.
Xornadas de portas abertas
15, 16 e 18 de maio de 2012
10h30 / 11h30 / 12h30 / 13h30
Visitas conducidas polos técnicos do museo para coñecer as áreas internas do centro.
Parten da recepción do museo e duran 30 minutos aproximadamente. Sen cita previa.