NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Biblioteca

A biblioteca do Museo das Peregrinacións e de Santiago é unha biblioteca ao servizo do público en xeral, persoal do museo e investigadores.

Está especializada no fenómeno das peregrinacións, Camiño de Santiago, temática xacobea e cidade de Santiago de Compostela. Ademais, posúe fondos variados acerca de historia, arte, crenzas, relixións, museoloxía e arqueoloxía. Dispón dun fondo de monografías de máis de 12.000 volumes, e unha interesante colección duns 400 títulos de publicacións periódicas, catálogos de poxas, folletos e materiais especiais.

Está situada na nosa sede da rúa de San Miguel, na terceira planta do edificio e dispón de oito mesas con catro postos de lectura e un ordenador cada unha. O seu teléfono de contacto é o 881867319.

CATÁLOGO

Desde esta páxina pódese acceder ao catálogo automatizado dos fondos bibliográficos. Para realizar as pescudas sobre as publicacións periódicas e os catálogos de poxas, deberán consultarse ademais as bases de datos do centro.

 

Acceso ao catálogo

Unha vez acceda ao catálogo, na opción Na biblioteca, escribir: Santiago de Compostela - Biblioteca do Museo das Peregrinacións

 

Libro recomendado

Portada libro

Pardo Valdés, Chencho. Viae ad limina Sancti Iacobi: [exposición, Museo das Peregrinacións e de Santiago]. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2020. ISBN 978-84-453-5343-1

Máis info

HORARIO

De luns a venres, de 9.00 a 14.30 h, excepto festivos.
Verán: De luns a venres, de 9.00 a 14.00 h, excepto festivos.

CONDICIÓNS DE ACCESO

O acceso á biblioteca é libre e gratuíto. Poderán acceder á consulta en sala dos fondos bibliográficos os investigadores ou público en xeral interesados na súa temática, previa acreditación da súa identidade (presentación de DNI ou equivalente) e formalización dun breve impreso, no que se especificará a consulta ou investigación a realizar.

Dadas as actuais circunstancias, de forma provisional, para acudir á biblioteca será necesario solicitar unha cita previa no correo electrónico biblioteca.mdperegrinacions [at] xunta.gal ou no teléfono 881 867 319.

SERVIZOS

Consulta en sala: os fondos poderanse consultar na sala da biblioteca como máximo de catro en catro. Se se trata do fondo antigo, será de un en un. Están ubicados en estanterías pechadas, polo que hai que solicitalos ao persoal bibliotecario. Non hai préstamo a domicilio.
Reprodución de documentos: os usuarios poderán obter reproducións dos fondos mediante fotocopia, dixitalización, ou fotografía con cámaras propias, sempre dentro dos límites da adecuada conservación e dos que marque a lexislación de propiedade intelectual, e previa petición ao persoal da biblioteca.
Información bibliográfica: a biblioteca responde as consultas dos usuarios tanto de forma presencial, como por correo postal ou electrónico (biblioteca.mdperegrinacions [at] xunta.gal). Proporciona información sobre cuestións relativas ao seu propio funcionamento, consultas bibliográficas, ou sobre outros recursos (outras bibliotecas, centros de documentación, arquivos...) aos que dirixirse nas súas pescudas de información.
Préstamo interbibliotecario: a través deste servizo, pódense proporcionar ao usuario publicacións doutros centros que a biblioteca non posúe. Tamén esta pode prestar os seus fondos a outras bibliotecas. Exclúense os libros antigos ou os que teñen problemas de conservación.
Acceso a Internet: pódese acceder a Internet desde todos os ordenadores da sala. Estes só se utilizarán para a consulta e busca de información de páxinas relacionadas coa temática de especialización da biblioteca, xa que este servizo concíbese como un recurso de apoio á investigación ou consulta a realizar.