NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

APP

A aplicación APP do Museo das Peregrinacións e de Santiago é unha ferramenta que facilita a visita pola exposición, coa que se dá a coñecer en profundidade o fenómeno da peregrinación e a historia da cidade. Ofrece tamén información sobre as exposicións temporais actuais no momento da súa visita.

O seu motor de xeolocalización determina en que punto está o visitante dentro da sala, amosando información das obras expostas ou os puntos de interese máis próximos. Ten a posibilidade de realizar diversas rutas temáticas ou unha visita rápida en caso de que dispoña de pouco tempo.

O usuario ou usuaria que o precise ten á súa disposición a opción de facer a visita coa modalidade de linguaxe de signos.

Ofrécese, igualmente, un amplo servizo de contidos adicionais con audiovisuais, material extra, fichas de catalogación, etc.

Ten a súa disposición información práctica, como a ruta para chegar aos ascensores, aseos e á saída de emerxencia.

Para realizar unha visita multimedia debes descargar no teu teléfono a seguinte aplicación.

GOOGLE PLAY

 

 

play store

 

APP STORE

 

app store