Visitas Contadas no MDPS
O Museo das Peregrinacións e de Santiago pon ao servizo da comunidade educativa, en todas as súas etapas, as súas «Visitas Contadas». Esta actividade ten como obxectivo a divulgación das coleccións do museo dun xeito ameno e participativo.
Estas visitas mesturan un percorrido guiado polo museo coa tradición dos contacontos. O público terá a ocasión de coñecer as pezas expostas e gozar con lendas, anécdotas e curiosidades relativas ao Camiño de Santiago e á propia historia da cidade. Deste xeito os relatos e a súa riqueza inmaterial que, pola súa natureza, non se poden expoñer nunha vitrina serán o fío condutor para descubrir todas as historias que os bens culturais non poden contar de viva voz.
Esta actividade está dirixida a grupos cun mínimo de 15 e un máximo de 25 persoas. Se o grupo é máis numeroso dividirase para percorrer o museo.
As visitas contadas non terán custo adicional.
Como reservar unha Visita Contada
A través do correo electrónico reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal) ou no teléfono 881.867.322 (Departamento de difusión: horario de atención ao público de luns a venres de 9:00 ás 14:00h).
· Formulario on line de reservas
Recursos para preparar a túa visita
· APP: ligazóns para a descarga da APP interactiva do museo. Aplicación con audioguías en LSE.
· Que ver na túa visita: descrición detallada dos fondos expostos nas salas do museo.
· Visita Virtual : visita virtual pola sede expositiva con información detallada de algunhas pezas destacadas do museo.
Accesibilidade
Un dos obxectivos prioritarios do museo é facilitar o acceso e a información a todos os públicos que nos visiten.
O MdPS pon a disposición das persoas que o precisen diferentes servizos que cubran as necesidades específicas de tipo motora, visual e auditiva. Actualmente o centro está traballando para ampliar os seus servizos e abarcar as necesidades de tipo cognitivo.
Toda a información en accesibilidade MDPS




