NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Información

Dirección

SEDE EXPOSITIVA

Praza das Praterías, 2.
Telf.: +34 881 867 401.
15704-Santiago de Compostela.

SEDE ADMINISTRATIVA

Rúa san Miguel, 4. (Casa gótica).
Telf.: +34 881 867 315/316 
15704-Santiago de Compostela.
informacion.mdperegrinacions [at] xunta.es

Horario

Martes a venres de 9.30 ás 20.30 h
Sábados de 11 ás 19.30 h
Domingos e festivos de 10.15 ás 14.45 h

PECHADO

Todos os luns do ano.
1 y 6 de xaneiro.
1 de maio.
24, 25, e 31 de decembro.
E un festivo local (consultar ano en curso).

TEÑA EN CONTA QUE

O acceso ao museo é posible ata 20 minutos antes do peche.
O desaloxo das salas comezará 10 minutos antes do horario de peche.

 

Tarifas

Debido á excepcional situación provocada pola COVID – 19
a tarifa de acceso ao Museo das Peregrinacións e de Santiago será de balde
Lembre recoller o seu ticket de entrada na recepción do Museo.

 

Accesos e localización

SEDE EXPOSITIVA DAS PRATERÍAS

Liñas de autobuses urbanos
Todas as que teñan parada na Praza de Galicia.

Aparcadoiros
San Clemente (Rodrigo del Padrón, s/n).
Catedral (Galeras, 9-17).
Praza de Galicia.
Avda. de Xoán XXIII.

SEDE ADMINISTRATIVA DA CASA GÓTICA

Liñas de autobuses urbanos
1, 4, 5, 8, P2 e P6 (parada na rúa San Roque).
6, 11 e P4 (parada da rúa de San Pedro).

Aparcadoiros
Avda. de Xoán XXIII.
Rúa da Virxe da Cerca.
La Salle (Ramón del Valle Inclán, 6).
Praza de Abastos (Trompas, 5).

 

Accesibilidade para públicos fráxiles

O edificio está equipado con ascensores e aseos adaptados para o uso de persoas con mobilidade reducida. Tamén están dispoñibles cadeiras de rodas para facilitar a visita, que se poden solicitar no mostrador de atención ao público.

 

 

Normas de acceso e recomendacións

A SÚA COLABORACIÓN É IMPRESCINDIBLE PARA A CONSERVACIÓN DOS BENS CULTURAIS EXPOSTOS
GRAZAS POR RESPECTAR ESTAS NORMAS

​​​​Os bens culturais expostos así como os elementos museográficos non se poden tocar. Este museo está dotado cun sistema de videovixilancia permanente.

Está permitida a toma de imaxes unicamente con cámaras de man. Non se usará trípode, flash ou calquera outro tipo de iluminación externa. Queda prohibida a reprodución, distribución ou venda de fotografías ou gravacións sen a preceptiva e explícita autorización por escrito da administración xestora da institución.

Por motivos de seguridade, non está permitido o acceso con mochilas, bolsos de grandes dimensións, bolsas de deporte ou de viaxe, maletas, maletíns, paraugas, trípodes, ou calquera obxecto que se considere perigoso para os bens culturais. Estes haberán de ser depositados no gardarroupa. Tampouco se permitirá a entrada ás salas de exposicións con carriños ou cadeiras de bebés.

Está permitido o uso de teléfono móbil, en beneficio de todos os visitantes é preciso que modere o seu ton de voz e que manteña o seu teléfono “en modo silencio”.

Os nenos e nenas deben ir sempre acompañados por un adulto que se faga responsable do seu comportamento no interior das instalacións do museo.

Non se pode comer nin beber no espazo expositivo.
Non está permitido fumar no interior do edificio.
Non se pode acceder ao museo con animais, agás no caso de cans guías.
Non está permitido o uso de paus-selfie.

O visitante deberá conservar a entrada ata o final da visita.

O visitante deberá facer uso correcto dos textos en distintos idiomas distribuídos polas salas. Unha vez utilizados deberá depositalos nos lugares habilitados a tal fin. O resto de material de información e difusión que se lle entrega e que non desexe conservar, pode devolvelo á saída en boas condicións para ser utilizado novamente por outros visitantes.

Non se permitirá o acceso a persoas con modais ou condutas que poidan molestar ao resto dos visitantes ou que sexan susceptibles de causar danos ás persoas, á colección exposta ou as instalacións do museo.

As dúbidas que poidan xurdir con respecto á correcta utilización das instalacións por parte dos visitantes deberán ser consultadas co persoal de salas que colaborará en todo momento para facer máis cómoda e aproveitable a estancia no museo. 

Descargar PDF