NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Difusión e comunicación

difusión

A área de difusión e comunicación ocúpase de todo aquelo que teña como finalidade poñer en relación o museo coa sociedade. É, pois, a responsable de lle comunicar o contido das coleccións ao público, de facilitar a transmisión da mensaxe que destas coleccións se desprende, e tamén de divulgar os fins e valores da propia institución.

As súas tarefas principais son


  • Organizar todos aqueles aspectos e actuacións relacionados coa atención ao visitante.
  • Elaborar e coordinar a execución dos programas de exposicións temporais e dos programas de actividades educativas e culturais.
  • Desenvolver os aspectos didácticos e os valores socioculturais das exposicións, tanto da permanente como das temporais.
  • Elaborar e coordinar as publicacións de carácter didáctico e divulgativo.
  • Realizar a difusión e promoción externa do museo, o que atinxe a tenda do museo e a elaboración dos produtos de promoción externa.
  • Encargarse da coordinación dos programas de investigación e dos contactos con outras institucións en materia de difusión.
  • Realizar estudos e análises de público así como investigacións sobre técnicas museográficas.
  • En canto a comunicación correspóndelle: a relación cos medios de comunicación, a supervisión da imaxe institucional e todos os aspectos relacionados coa presenza do museo en Internet.

Difusión e comunicación dixital

COMUNICACIÓN DIXITAL

Para poder levar a cabo as tarefas de difusión dixital é fundamental establecer unha estratexia de comunicación, neste caso, está directamente relacionada cos obxectivos do Museo: 

        a) Amosar desde unha perspectiva histórica e cultural o fenómeno da peregrinación como manifestación universal.

        b) Promover o coñecemento da peregrinación xacobea e o Camiño de Santiago en todas as súas dimensións.

        c) Amosar desde unha óptica científica o nacemento e a evolución da cidade de Santiago de Compostela nos seus aspectos arquitectónicos, urbanísticos, ambientais, sociais, culturais e económicos.

        d) Xerar un proceso permanente de interpretación da cidade de Santiago  e do feito Xacobeo.

        e) Reunir, documentar, investigar e expoñer os restos materiais relacionados co contido temático do Museo.

        f) Potenciar a investigación no ámbito da peregrinación en xeral, da peregrinación xacobea e do Camiño de Santiago  en particular, así como do nacemento e da evolución da cidade de Santiago de Compostela, converténdose nun centro de referencia nacional e internacional.

A estes obxectivos súmanse as estratexias de marketing dixital de promoción e difusión do #MDPS. 

Soportes informativos unidireccionais:

Soportes de comunicación directa bidireccionais:

Soportes de repositorio de contidos audiovisuais dixitais:

Medios de comunicación co #MDPS

  • Para todas aquelas actividades vinculadas con difusión (auditorio, exposicións, actividades culturais, etc.) pode dirixirse directamente ao correo difusion.mdperegrinacions [at] xunta.gal 
  • As visitas, e todos aqueles aspectos e actuacións relacionados coa atención ao visitante, serán atendidas en reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal 
  • Información xeral, dúbidas, consultas, etc. estamos a vosa disposición en informacion.mdperegrinacions [at] xunta.gal ou no 881.867.315 
  • Se desexa poñerse en contacto coa sede expositiva na praza das Praterías pode dirixirse ao 881.867.401