De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
23 ABRIL 2024: DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA DO MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E DE SANTIAGO
Bookcrossing (liberación de libros). Comezaremos o día liberando catálogos das exposicións do museo nos arredores da nosa sede de Praterías. A biblioteca do museo, un ano máis, únese no Día do Libro a este cruce de publicacións que organiza Artium, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo de Vitoria-Gasteiz, e no que participan máis de medio centenar de museos e centros de arte de Galicia e toda España.
Exposición virtual Lecturas recomendadas. Para celebrar o Día do Libro, nada mellor que ler. Por isto fixemos unha exposición virtual cunha selección de publicacións recomendadas entre as nosas últimas adquisicións que presentamos o día 23 na páxina web e nas redes sociais.
Presentación do novo centro de interese na biblioteca, Aspectos filosóficos do camiño. A biblioteca organiza pequenas mostras periódicas de publicacións relacionadas con diferentes aspectos da súa temática. Nesta ocasión a materia elixida son os aspectos filosóficos do Camiño e do feito de camiñar, entroncando con tradicións de pensamento que veñen xa da Idade Media [Bibliografía]
Feliz Día do Libro!