De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
A biblioteca estrea un novo centro de interese centrado nos aspectos filosóficos do Camiño
De todos é coñecida a acepción do Camiño como metáfora da existencia. A imaxe do homo viator é un tópico da cultura universal dende os seus inicios, que a partir da Idade Media adquire a súa dimensión espiritual e se proxecta nas peregrinacións. Según o home cristián medieval Vita est peregrinatio, un camiño de perfección na vida terreal en tránsito ata Deus, simbolizado polos sendeiros, encontros e peripecias que o peregrino atopa ata chegar á súa meta.
Concepto intimamente ligado a concepcións relixiosas pero tamén antropolóxicas e filosóficas, a peregrinación presentábase ademais como un medio de adquirir experiencia e coñecemento. Son moitas culturas as que asocian os deuses do saber cos camiños e os camiñantes.
Dende o punto de vista relixioso, no Camiño de Santiago o peregrino realiza unha ruta ata un espazo sagrado na que leva a cabo unha serie de ritos purificatorios que o acercan á meta xunto ao Apóstolo e á súa propia renovación espiritual para afrontar unha nova vida.
Nos últimos tempos son moitos os estudosos que se acercan ao feito de camiñar. O enfoque contemporáneo fai énfase na repercusión que esta actividade ten na saúde e a calidade de vida como ruptura coa rutina, encontro coa natureza e co propio eu, desconexión coas preocupacións do cotián, espazo para a evasión e a creatividade ou desexo de aventura, entre outras; entroncando con legados filosóficos e literarios, desde Bashō a Thoreau ou Pieter Matthiessen.
Na biblioteca do museo temos novo centro de interese: Aspectos filosóficos do camiño. Agardamos que vos guste.