De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozos ou mozas de ata 12 anos de idade desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. O programa está financiado polo Ministerio de Igualdad do Goberno de España.
Con este fin, o Museo das Peregrinacións e de Santiago anuncia a posta en marcha dun campamento cultural de conciliación. Estas actividades forman parte do Plan Corresponsables, cuxo obxectivo é contribuír á conciliación familiar e á igualdade efectiva entre homes e mulleres.
Poderán participar no campamento de conciliación os nenos e nenas que cumpran co requisito de idade sinalado e pertenzan a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.
Crear, xogar, experimentar, descubrir segredos... Todo isto se pode facer nestes campamentos urbanos semanais no museo. Un xeito enriquecedor e dinámico de gozar as mañás do verán.
Idades?
De 5 a 12 anos
Cando?
Quendas semanais de martes a venres en horario de 10:00 a 14:00 h.
Prazas?
14 prazas en cada quenda.
Inscrición?
Cumplimentar e enviar o formulario a reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal
|
|
|