NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

DIM 24

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

O obxectivo do Día Internacional dos Museos é sensibilizar o público sobre o feito de que «os museos son un medio importante para os intercambios culturais, o enriquecemento de culturas, o avance do entendemento mutuo, a cooperación e a paz entre os pobos». 

17/05/2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Eva Veiga
Acción recitativa

Redes sociais
Todos os públicos

Acción recitativa no MDPS con poemas de Luisa Villalta, figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. Emisión nas RR. SS do recital ofrecido por Eva Veiga nas salas da sede expositiva.
 

18/05/2024

OBRADOIRO DE TALLA DE MADEIRA
Javier Sanz. Demostración
De 11:00 ás 14:00
Soportais do museo
Todos os públicos

Dirixido por Javier Sanz, tallista profesional, cada participante poderá tomar contacto coa talla en madeira, tan ben representada na colección do museo.

OBRADOIRO ASOREY
Crearte Servizos Culturais

De 17:00 ás 18:30
3º andar
Público infantil +7
Inscrición previa
reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal

Obradoiro no que nenos e nenas experimentarán co proceso creativo de Asorey. Experimentaremos facendo a maqueta dun monumento escultórico propio e a reprodución a escala en barro dunha obra do artista.

CONCERTO DE MÚSICA CORAL
Coro infantil xuvenil Cantabile

19:00
Soportais do museo
Todos os públicos

O coro infantil xuvenil Cantabile ofrecerá un concerto aberto á cidadanía cun variado repertorio que fará as delicias de todos os públicos.

19/05/2024
OBRADOIRO DE BORDADO «BORDAR EN FAMILIA»
Bea Lema

11:30 ás 13:30h
Soportais do museo
Público familiar +6
Inscrición previa
reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal
[As nenas e nenos menores de 12 anos de idade deben estar acompañadas/os durante a experiencia por unha persoa adulta responsable]

A ilustradora Bea Lema dirixirá este obradoiro a un público familiar no que se empregará a ilustración con bordado, un recurso moi empregado pola autora nas súas publicacións. Cada participante expresará unha escena da súa vida cotiá.

 

ACTIVIDADES PERMANENTES DO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2024

GALIVERSO DOS MUSEOS
Do 18 de maio até o 14 de xuño 2024
De martes a venres, de 11:30 ás 14:30h*
18 e 19 de maio de 11:30 ás 14:30
1º andar
Público + 8 anos
Inscrición previa
reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal ou no 881.867.401
[As nenas e nenos menores de 12 anos de idade deben estar acompañadas/os durante a experiencia por unha persoa adulta responsable].

O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle o proxecto Galiverso dos Museos, unha experiencia de realidade virtual que permite entrar nunha versión dos once museos xestionados pola Xunta de Galicia nas catro provincias galegas. O usuario poderá observar e interactuar con algunhas das pezas máis destacadas destes centros.

Actividade de balde con reserva previa. Horario de martes a venres de 11:30 ás 14:30 h. Quendas cada 30 min.

* Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, os días 18 e 19 de maio, realizaranse pases do Galiverso dos Museos en horario de mañá, de 11:30 ás 14:30h.

MOSTRA AUDIOVISUAL DIM 24
«Educación e investigación. Revisitamos o concepto de peza favorita»
Míriam Núñez e María Lorenzo

1º andar
Todos os públicos

Seguindo o lema do DIM 24 «Museos pola educación e a investigación», Míriam Núñez e María Lorenzo, alumnas en prácticas no museo procedentes da USC, ofrecen unha visión creativa e didáctica do programa de difusión #amiñapezafavorita. Conxugan a investigación, divulgación e produción creativa, obtendo como resultado unha breve mostra audiovisual que poderán gozar todos os públicos no primeiro andar do museo e nas redes socias do mesmo. 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE A TER EN CONTA

Todas as actividades son de balde.
Os menores de 12 anos de idade deben estar acompañados durante as experiencias por unha persoa adulta responsable.
Os obradoiros desenvolveranse exclusivamente con reserva previa.

Actividades con inscrición previa en reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal.
Datos a achegar*: 
Nome e apelidos
Idade
Nome e apelidos do adulto responsable 
Teléfono de contacto
Observacións

Inscrición en Galiverso dos Museos
Mail: reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal*
Teléfono: 881.867.401
Presencialmente na recepción do museo, na praza das Praterías.

Mostra audiovisual DIM 24 «Educación e investigación. Revisitamos o concepto de peza favorita» Desenvólvese no horario habitual do museo.

MÁIS INFORMACIÓN

Páxina oficial do ICOM sobre o DIM 24

Consulta o dossier sobre o DIM 24 do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Descarga o programa completo.

poster dim

 

flyer