De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
A quinta edición do curso «A protección do patrimonio histórico e a súa conexión co urbanismo», organizado polo Servizo de Formación Continua do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) terá un ano máis a súa sede no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago.
As xornadas formativas terán lugar entre o 10 e o 12 de abril. Ao acto de inauguración asistirán o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades, Román Rodríguez González.
Ao longo das tres sesións, os relatores e relatoras profundarán nas medidas dirixidas a fomentar a protección do patrimonio. En concreto, tratarán os plans urbanísticos ou a aplicación de modelos matemáticos na protección preventiva do patrimonio cultural, con referencia ao modelo computacional da Catedral de Santiago de Compostela. O director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela, Daniel Lorenzo, transmitirá a importancia da conservación e restauración dos bens protexidos durante a visita que os/as asistentes ao curso realizarán ás cubertas da Catedral. Na última xornada abordaranse, en dúas mesas redondas, a necesidade dun urbanismo accesible e a protección do patrimonio cultural a través da figura do Ombudsperson. O vogal do CXPX José Antonio Ballestero Pascual será o encargado de clausurar a quinta edición do curso.
Información e imaxes de poderxudicial.es
Toda a información en https://bit.ly/3PVAnAe