De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
O Museo das Peregrinacións e de Santiago empapa de música Praterías para celebrar os 8 anos da apertura da sede.
Con motivo do 8º aniversario da apertura da sede de Praterías, o Museo das Peregrinacións e de Santiago celébrao enchendo de música as salas do museo. Ao longo da xornada do sábado 11, varios artistas amenizarán a visita de todas aquelas persoas que se achegen á exposición do centro. A música é un elemento consubstancial do patrimonio cultural e dende o museo queremos mostrarlle á cidadanía a súa importancia.
Macarena Montesinos
Violonchelo
12:30 a 13:30 horas
Violonchelista, improvisadora, intérprete, artista visual e actualmente investigadora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo, onde estuda a relación entre as partituras gráficas e a improvisación sonora.
Colaboradora en múltiples propostas e integrante de diferentes formacións de improvisación e música experimental como o cuarteto de corda Suelen Estar Quartet, Napal ou Fonogenia, ente outros. Ademais, é membro da orquestra de improvisación dirixida, Orquesta Galega de Liberación, e foi membro da orquestra OMEGa e Metamovida. Ata a data ten mais dunha ducia de discos publicados en selos europeos e americanos como CreativeSources (PT), Pan y Rosas (EE.UU.) ou Setola de Maiale (IT).
No eido das artes escénicas traballou como creadora, intérprete e compositora de espazos sonoro coa axuda de diferentes residencias artísticas de investigación como: Tanhaus, Zürich, Casa Dimitri, Verscio Suiza, en Azala Espazio de Creación, Álava, Residencias paraíso do Colectivo RPM e o Espazo de Intevención Cultural da Universidade de A Coruña, Normal.
Así mesmo, traballou na composición ou interpretación de bandas sonoras en produción audiovisuais galegas como 9Fugas, dirixida por Fon Cortizo, co que recibiron o premio Mestre Mateo á mellor banda sonora, Sea Beasts, Linko, Malencolía. ou Cariño.
![]() |
Fotografía: Leo López |
Ariel Ninas
Zanfona
16:30 a 17:30 horas
Ariel Ninas é músico e activista cultural; artista sonoro que traballa entre a música tradicional e a vangarda experimental, principalmente coa zanfona onde tocou na OMEGA-Orquestra de Música Espontánea de Galiza- e en diversos proxectos multidisciplinares como o trío Ulobit (Vikingland, AudioAtalaia, 2016) ou coa compañía de danza Traspédiante. Desenvolve a súa actividade profesional na xestión cultural e produción con aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular en Santiago de Compostela con múltiples proxectos ao redor da música tradicional con perspectiva contemporánea
Traballou en diversos proxectos con músicos recoñecidos coma Fred Frith, Michael Fisher, Marcos Suzano ou Germán Coppini (Semper Audax, LemuriaMusic, 2015). Coa compañía de danza contemporánea Traspédiante formou parte do elenco e gravou a súa banda sonora, Habelas, premio Injuve 2010.
![]() |
Fotografía: Denís Estévez |
Alba Barreiro
Arpa
17:30 a 18:30 horas
Nada en Vigo, aos 12 anos ingresou na ETRAD na especialidade de arpa celta con Rodrigo Romaní. Pouco despois entrou na Orquestra Folk Sondeseu, formación cunha longa traxectoria que lle levou a participar en numerosos concertos, festivais internacionais e traballos discográficos.
Formou parte da Orquesta Joven Sinfónica de Galicia durante varios anos como arpista principal. Colabora habitualmente coa Real Filharmonía de Galicia, a Sinfónica de Galicia, a Orquestra Vigo 430 e o Taller Atlántico Contemporáneo, ademais de outros conxuntos do panorama galego. Tamén compartiu escenario con artistas e agrupacións de diversos estilos como Carlos Núñez, Abraham Cupeiro, Xabier Díaz ou Anxo Lorenzo entre outros.
Participou en festivais coma o Noia Harp Fest, Música no Claustro, Musika-Música, Festival Internacional de Música y Danza de Granada, Achill International Harp Festival, etc. No 2020 veu a luz o seu primeiro traballo discográfico en solitario que inclúe obras de Andrés Gaos e Jesús Bal y Gay transcritas pola propia Alba Barreiro para arpa soa ou trío de cámara. Actualmente compaxina o seu traballo nos escenarios coa docencia, ademais de formar parte da dirección do Noia Harp Fest.
![]() |
Fotografía: Eduardo Irago |
Miguel Fraile
Sitar
18:30 a 19:30 horas
Miguel Fraile comezou a súa andaina co sitar hai dez anos, compaxinando esta nova faceta musical coa de guitarrista. Rematou a carreira clásica no Conservatorio Superior de Vigo e sempre estivo preto do flamenco e das músicas tradicionais.
O seu sitar soou en Radio3, en salas de concerto de Galicia ou en festivais da península como no “Festival Internacional de Guitarra de Petrer” en Alacante.
Actualmente é mestre de guitarra no conservatorio da Estrada.
![]() |