MUSEOS de Galicia
WE ARE CURRENTLY OPENWE ARE CURRENTLY CLOSED
OPENCLOSED
Celebramos o Día Internacional da Muller 2021 co concerto do grupo Feminino Plural, que terá lugar o sábado 6 de marzo ás 19h00 no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago.
Conforme á normativa sanitaria vixente a capacidade do auditorio é reducida polo que é necesario formalizar unha inscrición no correo reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal). Só poderán acceder ás actividades aquelas persoas que teñan confirmación de reserva, esta será realizada por estrito orde de chegada.
Normativa para a realización de actividades no MDPS 2021:
Reservas:
A celebración da actividade permanece condicionada pola normativa sanitaria que estea vixente no momento da celebración desta.
O uso da máscara é obrigatorio en todo momento así como a desinfección de mans con xel hidroalcohólico antes de entrar ao recinto.
Podes consultar o protocolo de entrada ao Museo en https://vimeo.com/437810235
Moitas grazas polo voso interese e comprensión!