MUSEO EN FAMILIA 2026

Por noveno ano consecutivo, o Museo das Peregrinacións pon en marcha o programa de actividades Museo en Familia, que abrangue os meses de setembro a novembro. Preséntanse un conxunto de actividades que fan do museo un espazo para o encontro cultural para nenas/os e as súas familias. 

Este ano celébranse un total de 9 actividades, que se realizarán entre as salas e o auditorio do museo, e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Alí contaremos novamente coa colaboración da Fundación Andrea e a Fundación Asanog, para a atención de nenos/as hospitalizados/as. Do mesmo xeito, volvemos contar coa participación da FAXPG (Federación de Asociacións de Personas Xordas de Galicia ) pola que se contará cun intérprete de lingua de signos nos obradoiros sinalados. 

O programa Museo en Familia busca abrir unha vía de comunicación, lúdica e didáctica, entre o museo e a cidadanía. As actividades están deseñadas para establecer unha conexión coas  temáticas e os fondos artísticos do centro, o que nos permitirá achegar, e facer máis accesible, o patrimonio cultural do MDPS, tan próximo e, ás veces, tan descoñecido.

PandeiroInvestigandoInvestigando2Quiropodo

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

  • Cada actividade ten un número máximo de 10 nenos/as inscritos/as. As prazas cubriranse por orde de inscrición, e formarase unha lista de agarda en caso de que a actividade estea completa.

  • As actividades teñen un carácter familiar, e os nenos e nenas poden estar acompañados polos/as adultos/as responsables (sen inscrición necesaria).

  • Todas as actividades do programa, agás aquelas organizada no CHUS e a do día 17 de outubro e 21 de novembro, requiren inscrición previa.

  • Para realizar a inscrición é necesario cumplimentar e enviar o formulario ao correo reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal). A praza non estará asegurada ata recibir un correo de confirmación

 

PROGRAMA

SETEMBRO

19/09/2026lse
Obradoiro: «Instrumentos tradicionais de percusión»
Sanín
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Información en pictogramas CIMA / Allure

26/09/2026lse
Obradoiro: «Investigando polo museo»
11:30  - 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Obradoiro de investigación relacionando as diferentes temáticas do museo. Caderno en man, relacionamos, pintamos, observamos e...descubrimos.

Información pictograma CIMA / Allure


OUTUBRO

03/10/2026lse
Obradoiro: «Re ciclamos, Re construímos, Re tocamos»
11:30  - 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Nesta actividade coñeceremos a evolución e as posibilidades de facer son con elementos cotiás.

Información pictograma CIMA / Allure 

17/10/2026
«Olladas converxentes», teatro inmersivo
11:30  - 13:00
Todos os públicos
Entrada libre ata completar aforo

Información pictogramas CIMA / Allure

24/10/2026lse
Obradoiro: «Pai, fillo, nai»
17:30  - 19:00
Hospital Clínico de Santiago_CHUS 
[Acto pechado, non admite inscricións]
[Fundación Andrea / Fundación Asanog]

Información pictograma CIMA / Allure 

31/10/2026lse
Obradoiro: «Re ciclamos, Re construímos, Re tocamos»
17:30  - 19:00
Hospital Clínico de Santiago_CHUS 
[Acto pechado, non admite inscricións]
[Fundación Andrea / Fundación Asanog]

Información pictograma CIMA / Allure 


NOVEMBRO

14/11/2026lse
Obradoiro: «Pai, fillo, nai»
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 3 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Achegamento á orixe do xogo medieval do «Alquerque de 3». Elaboración do taboleiro e das fichas. Realizaranse partidas entre as familias participantes.

Información pictograma CIMA / Allure 

21/11/2026lse
Obradoiro: «Instrumentos tradicionais de percusión»
Hospital Clínico de Santiago_CHUS
[Acto pechado, non admite inscricións]
[Fundación Andrea / Fundación Asanog]

Información en pictogramas CIMA / Allure

28/11/2026lse
Concerto Inauguración exposición: «MEF26»
18:00
Público recomendado: todos os públicos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
Entrada libre ata completar aforo

Presentación da exposición creada cos materiais dos obradoiros. Para poñer o ramo á inauguración, haberá un pequeno concerto de Sabela Dacal e Rafa Otero.

Información pictograma CIMA / Allure 

Onde

As actividades terán lugar no Museo das Peregrinacións e de Santiago, agás aquelas nas que se especifica a súa celebración no CHUS.

A recepción dos participantes dos obradoiros realízase na recepción do museo. As actividades desenvolveranse entre as diversas salas expositivas e o espazo denominado «cafetería», no terceiro andar. 

As actividades dos días 24 e 31 de outubro e 21 de novembro terán lugar na Aula Andrea do Hospital Clínico Universitario de Santiago CHUS. Non permiten inscrición previa, quedan reservadas para os pacientes do centro. 

Máis información e contacto

  • Para dúbidas e preguntas relacionadas coas actividades e inscrición: difusion.mdperegrinacions [at] xunta.gal (difusion[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal) ou 881 867 322 (de luns a venres de 9 a 14.00 h).

  • Para modificacións ou avisos de última hora do día da actividade: 881 867 401

  • FORMULARIO

Organiza

 mdps         

Colabora

Fundación Andrea   ASANOG   FAXPG