De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Por noveno ano consecutivo, o Museo das Peregrinacións pon en marcha o programa de actividades Museo en Familia, que abrangue os meses de setembro a novembro. Preséntanse un conxunto de actividades que fan do museo un espazo para o encontro cultural para nenas/os e as súas familias.
Este ano celébranse un total de 9 actividades, que se realizarán entre as salas e o auditorio do museo, e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Alí contaremos novamente coa colaboración da Fundación Andrea e a Fundación Asanog, para a atención de nenos/as hospitalizados/as. Do mesmo xeito, volvemos contar coa participación da FAXPG (Federación de Asociacións de Personas Xordas de Galicia ) pola que se contará cun intérprete de lingua de signos nos obradoiros sinalados.
O programa Museo en Familia busca abrir unha vía de comunicación, lúdica e didáctica, entre o museo e a cidadanía. As actividades están deseñadas para establecer unha conexión coas temáticas e os fondos artísticos do centro, o que nos permitirá achegar, e facer máis accesible, o patrimonio cultural do MDPS, tan próximo e, ás veces, tan descoñecido.




Cada actividade ten un número máximo de 10 nenos/as inscritos/as. As prazas cubriranse por orde de inscrición, e formarase unha lista de agarda en caso de que a actividade estea completa.
As actividades teñen un carácter familiar, e os nenos e nenas poden estar acompañados polos/as adultos/as responsables (sen inscrición necesaria).
Todas as actividades do programa, agás aquelas organizada no CHUS e a do día 17 de outubro e 21 de novembro, requiren inscrición previa.
Para realizar a inscrición é necesario cumplimentar e enviar o formulario ao correo reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal). A praza non estará asegurada ata recibir un correo de confirmación

Información en pictogramas CIMA / Allure

Obradoiro de investigación relacionando as diferentes temáticas do museo. Caderno en man, relacionamos, pintamos, observamos e...descubrimos.
Información pictograma CIMA / Allure

Nesta actividade coñeceremos a evolución e as posibilidades de facer son con elementos cotiás.
Información pictograma CIMA / Allure
Información pictogramas CIMA / Allure

Información pictograma CIMA / Allure

Información pictograma CIMA / Allure

Achegamento á orixe do xogo medieval do «Alquerque de 3». Elaboración do taboleiro e das fichas. Realizaranse partidas entre as familias participantes.
Información pictograma CIMA / Allure

Información en pictogramas CIMA / Allure

Presentación da exposición creada cos materiais dos obradoiros. Para poñer o ramo á inauguración, haberá un pequeno concerto de Sabela Dacal e Rafa Otero.
Información pictograma CIMA / Allure
As actividades terán lugar no Museo das Peregrinacións e de Santiago, agás aquelas nas que se especifica a súa celebración no CHUS.
A recepción dos participantes dos obradoiros realízase na recepción do museo. As actividades desenvolveranse entre as diversas salas expositivas e o espazo denominado «cafetería», no terceiro andar.
As actividades dos días 24 e 31 de outubro e 21 de novembro terán lugar na Aula Andrea do Hospital Clínico Universitario de Santiago CHUS. Non permiten inscrición previa, quedan reservadas para os pacientes do centro.
Para dúbidas e preguntas relacionadas coas actividades e inscrición: difusion.mdperegrinacions [at] xunta.gal (difusion[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal) ou 881 867 322 (de luns a venres de 9 a 14.00 h).
Para modificacións ou avisos de última hora do día da actividade: 881 867 401