MUSEOS de Galicia
WE ARE CURRENTLY OPENWE ARE CURRENTLY CLOSED
OPENCLOSED
Visitas Contadas Escolares curso 2022/23
O MDPS ofrece esta actividade dirixida e adaptada as diversas etapas educativas. Ten como obxectivo a divulgación das coleccións do museo dun xeito ameno e participativo.
Estas visitas mesturan un percorrido guiado polo museo coa tradición dos contacontos. O alumnado terá a ocasión de coñecer as pezas expostas e gozar con lendas, anécdotas e curiosidades relativas ao Camiño de Santiago e á propia historia da cidade. Deste xeito os relatos e a súa riqueza inmaterial que, pola súa natureza, non se poden expoñer nunha vitrina serán o fío condutor para descubrir todas as historias que os bens culturais non poden contar de viva voz.
Actividades dirixidas a grupos e de balde.