NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

VISITAS CONTADAS ESCOLARES 2022/23

Visitas Contadas Escolares curso 2022/23

O MDPS ofrece esta actividade dirixida e adaptada as diversas etapas educativas. Ten como obxectivo a divulgación das coleccións do museo dun xeito ameno e participativo.

Estas visitas mesturan un percorrido guiado polo museo coa tradición dos contacontos. O alumnado terá a ocasión de coñecer as pezas expostas e gozar con lendas, anécdotas e curiosidades relativas ao Camiño de Santiago e á propia historia da cidade. Deste xeito os relatos e a súa riqueza inmaterial que, pola súa natureza, non se poden expoñer nunha vitrina serán o fío condutor para descubrir todas as historias que os bens culturais non poden contar de viva voz.

Actividades dirixidas a grupos e de balde. 

Como reservar unha Visita Contada:

  • A través do correo electrónico reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal ou no teléfono 881.867.322.
    Horario de atención ao público de 9:00 ás 14:00h. 
     
  • No teléfono: 881.867.401.
    Horario de atención ao público de martes a venres de 10:00 ás 19:00 h / Sábados de 11:30 ás 19:00h /  Domingos e festivos de 10:30 ás 14:00h.
     
  • Formulario en liña de reservas

Recursos didácticos dispoñibles: