De Martes a Viernes
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos y Festivos
10.15 - 14.45 h
Cerrado
Todos los lunes del año
1 y 6 de enero
1 de mayo
24, 25 y 31 de diciembre
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Unha viaxe con Os Monicreques de Kukas a través da pintura, o deseño, a música, a banda deseñada e o teatro con marionetas que nos leva a ta o berce do espírito xacobeo.
O venres 22 de xaneiro ás 18 horas preséntanse a exposición, o cómic e o espectáculo de teatro con marionetas e música "Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela", da compañía compostelá Os monicreques de Kukas, dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
Don Gaiferos de Mormaltán é o protagonista do romance popularizado por Faustino Santalices, que narra a viaxe deste peregrino francés ata a súa morte aos pés do apóstolo Santiago.
A exposición conta coa instalación de marionetas de fíos e decorados da versión da obra "Don Gaiferos" estreada en 1992, sinalando o decorado do Pórtico da Gloria, e deseños orixinais das diferentes versións da obra e planas orixinais do cómic editado no ano 1993.