O gravado tan só está asinado co apelido, Klein, pero pode corresponderse con este autor. Pintor de batallas, paisaxista, animalista e gravador, nacido en Nuremberg o 24 de novembro de 1792, morto en Munich o 21 de maio de 1875 (Escola Alemana). Alumno de Zwingen na Escola de Belas Artes de Nuremberg, estudou o gravado a partires de 1805 no taller de W. Gahler. De 1801 a 1815 frecuentou a Academia de Viena e viaxou a través de Austria-Hungría. En 1815 volveu a Nuremberg, xa que foi a traballar a Francfort e Lachlence. Na compaña de Chr. Ehrard, volveu logo a Viena, logo, en 1819, visita Roma e Nápoles. En 1821, fíxase de novo en Nuremberg, onde traballa até 1839, época na cal partiu para Munich. Como gravador reproduciu retratos, vistas, esceas de xénero e animais.
De Martes a Viernes
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos y Festivos
10.15 - 14.45 h
Cerrado
Todos los lunes del año
1 y 6 de enero
1 de mayo
24, 25 y 31 de diciembre
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela