Pintor español pertencente ao primeiro renacemento en Castela. Tivo obradoiro na Terra de Campos, onde florece nesta época un importante grupo de artistas que aplican na súa obra unhas características propias que dan personalidade e estilo de entre as que destaca esa serea visión compositiva que ofrecen os conxuntos. Pouco se coñece da vida do autor, tan sequera o seu nome é público, sendo nomeado en atención a unha das súas obras primeiramente coñecidas como foi o retablomaior da igrexa parroquial de Ventosilla (Provincia de Burgos).
Ademais das táboas conservadas en Ventosilla, son de destacar as do retablo de Alcocer (Guadajara), pezas do Museo Provincial de Burgos ou o retablo da Virxe do Rosario conservado no Museo Nacional do Prado, así como diversa pezas espalladas por igrexas da Terra de Campos, algunhas delas atribuídas e outras que aínda non o foron.
De Martes a Viernes
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos y Festivos
10.15 - 14.45 h
Cerrado
Todos los lunes del año
1 y 6 de enero
1 de mayo
24, 25 y 31 de diciembre
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela