NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Xornadas de portas abertas

Do 19 ao 23 de maio de 2014

10h30 / 11h30 / 12h30 / 13h30

Visitas conducidas polos técnicos do museo para coñecer as áreas internas do centro.

Parten da recepción do museo e duran 30 minutos aproximadamente. Sen cita previa.

O Consello Internacional de Museos (ICOM) creou o Día Internacional dos Museos (DIM) en 1977 co fin de sensibilizar ao gran público con respecto ao papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. O Comité Consultivo do ICOM propón cada ano un tema que os museos poden utilizar para valorizar a súa posición na sociedade.

O tema proposto para o ano: Os vínculos creados polas coleccións dos museos, lembra que os museos son institucións vivas que permiten crear ligazóns entre os visitantes, as xeracións e as culturas do mundo. Este tema tamén fai fincapé nas colaboracións que existen entre os museos do mundo enteiro e a súa importancia para os intercambios culturais e o coñecemento das culturas do mundo.

O DIM reúne cada vez a máis museos de todo o mundo. En 2013 participaron no evento 35 000 museos de 143 países nos cinco continentes.

Portas abertas. Información en idiomas 2014