NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Xornadas de portas abertas

15, 16 e 18 de maio de 2012

10h30 / 11h30 / 12h30 / 13h30

Visitas conducidas polos técnicos do museo para coñecer as áreas internas do centro.

Parten da recepción do museo e duran 30 minutos aproximadamente. Sen cita previa.

O ICOM (International Council of Museums) institucionalizou en 1977 a celebración do Día Internacional dos Museos, de xeito que, cada 18 de maio, se desenvolve unha xornada de reflexión sobre o papel que xoga o museo en canto “institución que adquire, conserva, estuda, expón e transmite o patrimonio material e inmaterial da humanidade e do seu medio ambiente con fins de educación e deleite” (ICOM 2007).

Os museos e os profesionais que neles traballan teñen a oportunidade de se achegaren ao cidadán para informarlle dos cambios que experimentan estes centros na súa andaina para converterse en verdadeiras institucións “ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento”.

O lema proposto polo Consello Consultivo do ICOM para este ano é: “Museos nun medio cambiante. Novos retos, novas inspiracións. Quérese salientar con el a fraxilidade dos posicionamentos dogmáticos, a necesidade de sumarse ás novas alternativas de comunicación social e a obriga de competir para poder achegar a súa mensaxe aos máis amplos sectores da sociedade e facelo polo medio máis axeitado. Todo iso, tal e como contempla o lema escollido para o presente ano, supón afrontar novos retos cada día e esixe procurar novas e válidas maneiras de proceder para actuar con éxito nas situacións cambiantes que a cotío se producen.

MDPS DIM 2012

Portas abertas información idiomas 2012