NORMAS ADICIONAIS COVID-19:
A partir do 20 de maio, o Museo das Peregrinacións e de Santiago abre de novo as súas portas ao público despois do período de corentena decretado tras o estado de alarma xerado pola propagación do Covid – 19. Malia isto, o Museo e o público visitante terán que aterse ás novas medidas de seguridade e hixiene.
- O Museo das Peregrinacións e de Santiago só poderá acoller visitas até un terzo da súa capacidade e todas as actividades neste período serán dixitais.
- Durante este período excepcional, o prezo de entrada ao Museo será gratuíto para todos os públicos.
- Todas as persoas que accedan ás instalacións do Museo deberán cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias e deberán seguir os protocolos de desinfección nos puntos habilitados á entrada do edificio.
- En todo o interior do edificio, débese manter a distancia mínima interpersoal de seguridade de 2 metros, respectando en todo momento os elementos de sinalización. O uso da máscara é obrigatorio naquelas zonas onde o espazo de circulación non permita asegurar os 2 metros de separación entre persoas.
- As persoas usuarias deberán atender en todo momento as indicacións do persoal de seguridade do Museo, que se encargará de vixiar o cumprimento das normas e de facilitar a circulación do público.
- Os servizos de gardarroupa e consigna non estarán dispoñibles. Non se poderá acceder ao Museo con mochilas, bolsas, maletas e outros vultos de grandes dimensións. Só estará permitido o acceso con bolsos de man e mochilas que non superen os 40 x 40 cm.
- Está prohibido tocar calquera elemento da museografía (obras, vitrinas, peañas, cartelas, etc.).
- Non se distribuirá ningún tipo de material de consulta en soporte impreso. Todos os folletos informativos das exposicións e actividades do Museo están dispoñibles para a súa consulta e descarga na páxina web do Museo das Peregrinacións e de Santiago (http://museoperegrinacions.xunta.gal ).
- O acceso á biblioteca quedará restrinxido e a atención prestarase preferentemente de maneira telemática biblioteca.mdperegrinacions [at] xunta.gal
- Máis información no correo electrónico informaci%C3%B3n.mdperegrinacions [at] xunta.gal (informació) ou difusion.mdperegrinacions [at] xunta.gal e nos teléfonos 881 867 401 (sede expositiva praterías) e 881 867 315 (sede administrativa san Miguel).