NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

SALA VII

A IMAXE DE SANTIAGO NA HISTORIA

Pezas escultóricas, maioritariamente, e pictóricas aparecen nesta sala como testemuño da rica iconografía que presenta Santiago o Maior dende a Idade Media, unha das máis fértiles da imaxinaría cristiá. A ampla expansión do seu culto por toda a xeografía europea e americana, deu lugar a que a súa imaxe non só adoptase diferentes actitudes segundo as necesidades devocionais e políticas de cada momento, senón tamén a que fose reflectindo a diversidade de usos e modas na roupaxe segundo as épocas e as zonas xeográficas onde estas obras de arte se elaborasen. Unhas veces preséntasenos, polo tanto, identificado cos atributos comúns aos demais apóstolos (túnica e manto, libro sagrado, pés descalzos e unha filacteria ou rótulo) ou en maxestade (sedente ou in cátedra), e noutras como peregrino, ataviado coa súa característica indumentaria, se ben é frecuente tamén velo representado como cabaleiro ou soldado de Cristo -miles Christi-, intercedendo polas tropas cristiás fronte aos musulmáns. Esta imaxe guerreira de Santiago vaise transformando co paso do tempo segundo van mudando as causas a defender. Así, van aparecendo representacións como a de Santiago Matamouros, a de Santiago "mataindios" a partir do s. XVI e a conquista do Novo Mundo, e mesmo a de Santiago "mataespañois", como o exemplifica unha peza de prata realizada en Cuzco (Perú) que se expón nesta sala, unha imaxe xurdida no s. XIX como consecuencia das aspiracións independentistas das colonias americanas

  • Altorrelevo de Santiago peregrino  Obradoiro galego, século XVI

    Altorrelieve de Santiago peregrino

    Taller gallego, siglo XVI

  • Santiago peregrino  Juan de Juanes, 1560-1570

    Santiago peregrino

    Juan de Juanes, (1560-1570)

  • Santiago peregrino  Escola española, segundo terzo do século XV

    Santiago peregrino

    Escuela española, segundo tercio del siglo XV

  • Santiago “mataespañois”  Obradoiros de Cuzco (Perú), segundo terzo do século XIX

    Santiago “Mataespañoles”

    Talleres de Cuzco (Perú), segundo tercio del siglo XIX

  • Cruz Procesional  Obradoiro hispano, segundo terzo do século XVI

    Cruz Procesional

    Taller hispano, segundo tercio del siglo XVI

     

  • Santiago peregrino  Juan de Flandes, 1505-1519  Depósito do Museo do Prado

    Santiago peregrino

    Juan de Flandes, 1505-1519

    Depósito del Museo del Prado