Pintor de orixe borgoñona. Discípulo e colaborador de Lorenzo de Ávila (1473-1570). A formación inicial ten lugar en talleres de Borgoña. é tido como bo pintor aínda que con carencias no debuxo e composición que son supolidos polo seu mestre e colaborador. Ten unha importantae obra atribuída por León, Zamora, Valladolid, Palencia, etc.
Empeza con 18 anos a exercer de mestre na parroquia de San Mamede de Urrós (Allariz). A guerra civil impídelle seguir coa profesión. Para manter a familia dedícase a pintar ralizando a primeira exposición en 1941 en Madrid. A súa obra poderase ver en París en 1981 no Palacio da Unesco. Son frecuentes as exposicións tanto en Galicia (Ourense, Vigo...) como no resto do territorio español (Madrid, Barcelona...). Sería considerado como un dos principais pintores galegos das décadas dos 50 e 60 do século XX.
A súa obra consérvase en diversos museos e coleccións particulares.