NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

CAMPAMENTOS URBANOS NO MUSEO 2024

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de poñer en marcha, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e da Consellería de Política Social e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozos ou mozas de ata 12 anos de idade desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. O programa está financiado polo Ministerio de Igualdad do Goberno de España.

Con este fin, o Museo das Peregrinacións e de Santiago anuncia a posta en marcha dun campamento cultural de conciliación. Estas actividades forman parte do Plan Corresponsables, cuxo obxectivo é contribuír á conciliación familiar e á igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Poderán participar no campamento de conciliación os nenos e nenas que cumpran co requisito de idade sinalado e, con especial atención, aqueles que pertenzan a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.

Crear, xogar, experimentar, descubrir segredos... Todo isto se pode facer nestes campamentos urbanos semanais no museo. Un xeito enriquecedor e dinámico de gozar as mañás do verán.

Idades?

De 5 a 12 anos

Cando?

Quendas semanais de martes a venres en horario de 10:00 a 14:00 h.

  • 16 ao 19 de xullo
  • 23 ao 26 de xullo (menos o día 25)
  • 30 de xullo ao 2 de agosto
  • 6 ao 9 de agosto
  • 13 e 14 de agosto (2 días)
  • 20 ao 23 de agosto
  • 27 ao 30 de agosto
  • 3 ao 6 de setembro

Prazas?

14 prazas en cada quenda.

Inscrición?

Cumprimentar e enviar o formulario a reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal)

Máis información

Información actividades Campamentos Urbanos 2024 no museo

Cartel

 

logo_xunta

 

 

logo_corresponsables

 

 

logo_ministerio