De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de poñer en marcha, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e da Consellería de Política Social e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozos ou mozas de ata 12 anos de idade desde un enfoque de igualdade. O programa está financiado polo Ministerio de Igualdad do Goberno de España.
Con este fin, o Museo das Peregrinacións e de Santiago anuncia a posta en marcha dun campamento cultural de conciliación. Estas actividades forman parte do Plan Corresponsables, cuxo obxectivo é contribuír á conciliación familiar e á igualdade efectiva entre homes e mulleres.
Poderán participar no campamento de conciliación os nenos e nenas que cumpran co requisito de idade sinalado máis abaixo. Terán prioridade as familias monoparentais, familias con mulleres vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social, persoas solicitantes de asilo internacional ou estatuto de refuxiado/a ou calquera outra unidade familiar con persoas dependentes ao seu cargo.
Crear, xogar, experimentar, descubrir segredos... Todo isto se pode facer nestes campamentos urbanos semanais no museo. Un xeito enriquecedor e dinámico de gozar as mañás do verán.
Idades?
De 5 a 12 anos
Cando?
Quendas semanais de martes a venres en horario de 10:00 a 14:00 h.
15 ao 18 de xullo
22 ao 24 de xullo (3 días)
29 de xullo ao 1 de agosto
5 ao 8 de agosto
12 ao 14 de agosto (3 días)
19 ao 22 de agosto
26 ao 29 de agosto
Prazas?
15 prazas en cada quenda.
Inscrición e normativa
A inscrición é gratuita.
As inscricións para todas as quendas están abertas desde o 30 de xuño e cubriranse por orde de chegada, con ocos reservados para as persoas con criterios de selección preferente.
Farase unha lista de agarda para cubrir en caso de cancelacións.
As inscricións están limitadas a 3 semanas por cada neno/a. En caso de que queden prazas libres nalgunha quenda, comunicarase oportunamente por correo.
Para realizar a inscrición é necesario cubrir e enviar o formulario asinado a reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal). A praza non estará asignada ata que o museo envíe un correo de confirmación.
Os nenos/as que, sen causa xustificada, non acudan á metade dos días de cada quenda quedarán automaticamente excluídos doutras quendas posteriores.
Máis información
Dossier Informativo Campamentos no Museo 2025_GAL