De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Presentación do Cd Viaxe a Compostela. Resonet
23 de maio de 2014
19h00
Amosarase o traballo incluído no disco Viaxe a Compostela cun pequeno concerto a cargo de Fernando Reyes, dirección e tiorba. Trinidade de Miguel, castañetas e colascione.
As músicas do Camiño de Santiago nos relatos dos peregrinos: William Wey, Leo von Rozmital, Bartolomeo Fontana, Guillaume Manier, Nicola Albani...
Non existe peregrinación sen música. Cada camiñante foi testemuña dos momentos musicáis máis variados e únicos. O camiño levou a cada un a observar, sentir, escoitar, xerar e lembrar as máis variadas músicas do seu momento.
Moitos peregrinos deixaron escritos os seus relatos, algúns deles mesmo foron publicados. Non poucos deses relatos son documentos que poden variar ou enriquecer o discurso da Historia da Música, e por extensión da Historia da civilización occidental.