NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro de 2022, festexamos o Día das Bibliotecas e a biblioteca do Museo das Peregrinacións e de Santiago ten programadas unha serie de eventos para conmemorar esta xornada

Presentación Biblioteca Dixital

Comezamos o Día das Bibliotecas presentando unha nova sección da nosa páxina web: a Biblioteca Dixital
Nela poderase consultar unha pequena e interesante selección de libros antigos dixitalizados que forman parte dos nosos fondos. Hai entre eles manuscritos, coleccións de debuxos e títulos impresos que van desde o século XIV ao XVIII.

Non perdas a oportunidade de coñecer estas xoias bibliográficas!

Mostra bibliográfica: «As bibliotecas nos nosos fondos»

Co gallo do Día das Bibliotecas, pensamos en darvos a coñecer os libros do noso fondo dedicados a esta temática. Con este motivo fixemos na nosa sala unha pequena mostra bibliográfica das nosas publicacións sobre biblioteconomía, que estará alí ata o 24 de novembro.
Acércate a coñecelas!

Novidades na biblioteca

E para finalizar, coñece as nosas últimas adquisicións. Seguro que atopas algunha sorpresa! Se é así, visítanos na nosa sala de lectura. Xa sabes, estamos na Casa Gótica (rúa San Miguel, 4), en horario de mañá: de 9.00 h a 14.30 h, de luns a venres.
Agardámoste!