NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

DÍA DO LIBRO 2025

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA DO MUSEO

Desde a biblioteca do Museo das Peregrinacións e de Santiago queremos festexar contigo o Día do Libro. Este 23 de abril de 2025 ofrecémosche as seguintes actividades on line e presenciais

23 de abril

BOOKCROSSING

Hoxe comezamos esta festa liberando libros polas rúas e edificios de Santiago para que os atopes. Nesta xornada de bookcrossing participan arredor de medio centenar de bibliotecas de museos e centros de arte de España.
Os libros abandonan os seus estantes para saír á rúa. Vai atento, vai atenta, ao mellor encontras un!

COÑECENDO OS FONDOS DA BIBLIOTECA

Este ano queremos presentarche, nas nosas redes sociais, unha historia agochada que relata e documenta unha visión do mundo moi particular da nosa historia medieval. Trátase do Beato do Burgo de Osma, facsímile que forma parte da colección da nosa biblioteca e do propio museo. Esta obra é moi significativa para nós porque contén un mapamundi no que aparece salientada unha referencia cartográfica á presencia do Apóstolo Santiago en España.

25 de abril

OS LIBROS MÁIS CONSULTADOS NA BIBLIOTECA DO MDPS

Non te perdas nas nosas redes sociais o ranking dos libros máis consultados na nosa biblioteca o 2024.

 

Lembra consultar as nosas páxinas de Facebook e Instagram para non perder detalle!

 

Feliz Día do Libro 2025!