NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

DÍA DO MUSEO

Inaugurada no 2015, a nova sede expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago situada na praza das Praterías cumpre 4 anos. Convidámoste a celebrar con nós este día tan especial participando nestas actividades. 

Sábado 9 de novembro [11h00 ás 19h30]
Xornada de portas abertas

Sábado 9 de novembro [12h00 ás 14h00]
Obradoiro de escritura con instrumentos históricos. Fernando O Campo 

Que che parece experimentar a escribir, por exemplo, coa pluma dunha ave? Canto tempo? Cinco minutos, dúas horas... o que che apeteza!
Soportais do Museo das Peregrinacións 
[Todos os públicos]

Sábado 9 de novembro [18h00 ás 19h00]
Obradoiro infantil de escritura con instrumentos históricos. Fernando O Campo 
En plena era dixital nenos e nenas poderán retroceder no tempo e vivir unha pequena aventura usando antigas ferramentas de escritura. 
[Nenos e nenas maiores de 8 anos. Inscrición previa no 881.867.401]

Sábado 9 de novembro [19h00]
Concerto de música barroca "Bizarrie poetiche" - Cuarteto L´unisoni

Coincidindo co 400º aniversario do nacemento da prominente autora veneciana Barbara Strozzi, poderemos escoitar unha escolma dalgunhas das súas obras maestras.