De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Gratis.
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Hai dous anos, o 7 de novembro de 2015, abriuse a nova sede do Museo na praza das Praterías. Queremos celebralo dun xeito especial e por iso imos a ter o noso propio día: O día do Museo. O venres 10 de novembro vai ser unha xornada de festa no MDPS. Agardamos por todos vos!
Xornada de portas abertas / de 9:30 a 20:30 h
Entrada gratuíta ao museo durante todo o día.
Visitas contadas / TEP Teatro en Punto / de 11:00 h a 13:00 h.
Visitas conducidas para coñecer as coleccións do museo dun xeito ameno e participativo. Dende unha persoa até un máximo de 25 por grupo. Duración aproximada de 50 minutos.
Parten da recepción do museo cada media hora. Sen cita previa.
Obradoiro de papiroflexia / Asociación Galega de Papiroflexia / de 18:00 a 19:30 h.
Os participantes aprenderán a elaborar distintas figuras con diferentes tipos de papeis e aproveitaremos material sobrante de exposicións ou doutras actividades de difusión do museo.
Dirixido a todo tipo de público, os menores de 7 anos teñen que vir acompañados dun adulto.
Inscrición previa no: 881 867 401
Concerto de música antiga / Grupo Resonet / 20:00 h.
Mercedes Hernández. Soprano
Paulo González. Frauta, gaita, zanfona
Carlos Castro. Percusión, salterio
Estudio de Resonet. Grupo vocal mixto
Fernando Reyes. Cítola, guitarra barroca, tiorba e dirección
Concerto que presentará un percorrido por aquelas músicas máis sobranceiras relacionadas coa peregrinación a Santiago e coa propia cidade de Compostela: Canto de Ultreia (Dum Pater familias), La Grande Chanson de Saint-Jacques e o Jakobslied serán algunhas das obras que formen parte do repertorio.