De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
A sede expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago está de aniversario. Despois do seu traslado á praza das Praterías foi inaugurada en novembro de 2015, polo que este ano festexamos o seu sétimo aniversario. Convidámoste a celebrar con nós este día tan especial participando nas actividades programadas para o «Día do Museo».
Conto-concerto infantil
Xoan Curiel
Sábado, 5 de novembro, ás 11:30h
Idade recomendada de 5 a 10 anos
Entrada libre ata completar capacidade
Conto-concerto participativo que anima a que rapaces e rapazas abran as orellas a unha grande variedade de estilos musicais.
Concerto de Xoan Curiel.
Trío «Treides comigo»
Sábado, 5 de novembro, ás 19:00h
Todos os públicos
Entrada libre ata completar capacidade
Unha renovada viaxe musical ás cantigas da lírica galego - portuguesa e aos trobadores medievais dos Camiños de Santiago.
Xoan Curiel - voz e guitarras
Bleuenn Le Friec - arpa
Alex Salgueiro - frautas