De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Con motivo do 9º aniversario da apertura da sede de Praterías, o Museo das Peregrinacións e de Santiago celébrao enchéndose de música ao vivo. As súas salas expositivas contarán coas sonoridades ofrecidas por catro excepcionais inérpretes, converténdoo nun día moi especial. Ven e goza!
Ao longo do sábado, 9 de novembro, varios músicos interpretarán pezas en diferentes zonas expositivas do museo. A música é un elemento consubstancial do patrimonio galego e moi presente no discurso deste centro. Con esta celebración queremos compartir coa cidadanía a transcendencia deste ben inmaterial.
PABLO PASCUAL
Clarinetes
12:30 - 13:30h
Compositor e músico cunha dilatada traxectoria. Conta con experiencia en festivais nacionais e internacionais. É profesor de clarinete e gaita na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e exerce tamén como técnico de reparación de instrumentos.
ELENA VÁZQUEZ
Violín
16:30 - 17:30
Violinista e improvisadora galega. A súa actividade na música improvisada e experimental comeza participando en varios festivais coa Orquestra O.M.E.Ga (Orquestra de Música Espontánea de Galicia). Membro de formacións de improvisación libre como Suelen Estar Quartet e Fonogenia, da Orquestra Galega de Liberación e dos grupos Leira Papaia e Trilitrate, ofrecendo concertos por festivais de toda a Península e o estranxeiro.
PEDRO PASCUAL
Acordeón
17:30 - 18:30
Intérprete, docente, compositor e produtor musical. Vinculado directamente a proxectos do ámbito folk e director artístico de espectáculos como Ao Pé dá Letra, Descarga ao Vivo, Opening Womex 2016. Desde o ano 2000 adícase á docencia e a divulgación do acordeón diatónico formando parte de diversos proxectos educativos.
PAULO PASCUAL
Theremin
18:30 - 19:30
Multinstrumentista. Desde hai máis de dúas décadas a súa actividade musical está centrada na difusión do theremin. A súa liña de traballo de composición e interpretación é ecléctica, transitando por sons experimentais e exóticos; fílmica desde unha visión contemporánea.
INFORMACIÓN
Entrada libre até completar a capacidade das salas.
Actividade de balde.
Programa.
