De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Durante o fin de semana do 8 e 9 de novembro o MDPS celebra o 10º aniversario da apertura da sede de Praterías con diferentes actividades

Obradoiro de vidraría artística con Cristina Molares
10:30 - 13:30 h.
Adultos
Prazas limitadas - Necesaria inscrición previa
A artesá Cristina Molares, de Vidrieras Artísticas CosMo, desenvolverá un obradoiro de demostración no que irá explicando as técnicas empregadas e desenrolando os distintos procesos a seguir para a elaboración dunha vidreira. Ao final da sesión, entre os inscritos presentes, sortearase a vidreira realizada no taller.
Música nas salas do museo
Asistencia libre
16.30 - 17. 30 h. Alex Salgueiro [clavicordio]
Músico multiinstrumentista colaborador en múltiples proxectos musicais. Co clavicordio, instrumento precursor do piano, levaranos por atmosferas barrocas, tan presentes en moitas das obras do museo.
17.30 - 18.30 h. Eloi Pérez [gaita irlandesa]
Músico especializado na fusión da música galega con ritmos doutras culturas, evocará coas súas melodías o “Camiño Celta” que comeza en Irlanda.
18.30 - 19.30 h. Juan M. Collazo [vibráfono]
Un dos fundadores do grupo Odaiko Percussion Group cuxa traxectoria nacional e internacional o converteu nunha referencia imprescindible no ámbito da percusión creativa
Repostaría do Camiño de Santiago - Mª Luisa Candedo
11:00 - 12:30 h.
Adultos
Prazas limitadas - Necesaria inscrición previa
Autora do libro Postres del Camino, proponnos unha viaxe polo Camiño a través da súa repostería tradicional, onde mesturaremos historia, simboloxía e gastronomía con degustacións guiadas, que farán desta unha actividade sensorial e interactiva. O Camiño visto como cruce de culturas… e sabores!
Danzas do Mundo - Pilar Conde
12:30 - 13:15 h.
Todos os públicos
Prazas limitadas - Necesaria inscrición previa
As danzas tradicionais son unha das formas de arte máis antigas e forman parte dos bens culturais da humanidade. Nesta sesión práctica de iniciación a ritmos e danzas de diferentes culturas, Pilar Conde, da escola Danzalia Mundi, convidanos a descubrir o estimulante que pode ser esta actividade colaborativa, compartindo e gozando xuntos.
Para realizar a inscrición é necesario cumplimentar e enviar o formulario ao correo reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición
A praza non estará asegurada ata recibir un correo de confirmación
Para dúbidas e preguntas relacionadas coas actividades e inscrición: difusion.mdperegrinacions [at] xunta.gal (difusion[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal) ou 881 867 322 (de luns a venres de 9 a 14.00 h.)
Para modificacións ou avisos de última hora os días da actividade: 881 867 401